miércoles, 12 de noviembre de 2008

"Carta a un amigo"


Querido K.:
Obrigada pola aclaración feita a respecto do estado de saúde do cánido animal que vaga polas rúas desa comunidade.Comezaba mesmo a bater a cen por mil o meu corazón, afectado pola perda de tan querido animal, bautizado por min como "Pardelo", e a quen vin o sábado pasado, sentado, coma ten por costume, no medio da rúa. Tes que saber que o sábado fixémonos presentes entre a nósa vella veciñanza, mais foi por pouco tempo, para xantar con outros moi queridos ex-veciños. A brevidade da nosa estancia fíxonos imposíbel obsequiarvos coa nosa visita. Fico leda de saber da boa saúde dos mariños habitantes do acuario e prevéñote contra a masa visgosa que tes observado perto das túas xanelas. Hai precedentes moi preocupantes neste senso, anque non quixera abundar no tema por criar innecesarios alarmismos.
Precaución e coidado é o que cumpre cando semellante ser anda solto.
Apertas afectuosas e expectantes dunha vósa próxima visita á outra beira -esta.
E.

1 comentario:

tyrion dijo...

non tendes perdón, tanto polo do caracol coma por non ter avisado da visita.

Non hai dúbida, cruzaremos a outra beira.