Hoxe vou escribir en defensa de Federico Jiménez Losantos.
Levo unha temporada escoitándoo polas mañás na Cope. Dalgunha maneira, como oínte asídua da Ser que son, precisaba desintoxicarme do seu estilo informativo, sempre na liña de quen actualmente goberna. Anteriormente, escoitei a Ser buscando a versión de quen facía oposición ao goberno de Aznar. Coma o peixe que boquexa fóra da auga en busca de osíxeno.
Agora, á procura dalgunha versión alternativa sobre a crise económica que nos transmite ZP a traveso dos medios afíns, cheguei a Jiménez Losantos.
Sabía del indirectamente, por ter lido e oido a quen o descalifica, mais nunca o oíra na Cope.
Teño que dicir que, agora que o coñezo, descubrín varias cousas sobre este periodista: a primeira é que se trata dunha persoa cuxo manexo da lingua é brillante e denota unha grande formación intelectual; a segunda é que o seu programa é o único que eu coñezo no que realmente se está a denunciar as "chorizadas" da caste política, procedan de onde procedan. Ós xestores do diñeiro público supónselles honradez, racionalidade, responsabilidade, e todas aquelas características ideais que os que se adican á política deberían ter; é só grazas a quen nos conta en que se gastan algunhas sumas enormes de diñeiro que nos enteramos dos gastos fastuosos dos nosos representantes nos seus despachos, nos seus coches, etc.
Federico critica tanto ao PSOE como ao PP (que chama Partido P´ayudar); pon de manifesto a actitude servilista dos sindicatos neste momento económico que estamos a sufrir; teñen que sufrir os seus dardos tanto Gallardón ("el oneroso de ambiciones") como Garzón; Zapatero ("el inquilino monclovita") e Rajoy; Revilla ("el de las anchoas"), Touriño, Pepe Blanco ("el gramático Pepiño") etc.
Á marxe de que o seu estilo me pareza agresivo en exceso, especialmente cando recurre ao insulto persoal e á marxe de que estea en desacordo con grande parte das súas opinións, teño que dicir que un país que se xacta de ter unha democracia madura, cunha sociedade plural, aberta, etc. ten que ter un espazo para un programa coma o de Jiménez Losantos. Os que se escandalizan ao escoitalo e invocan á liberdade para pedir que se lle retire o programa, que o despidan da cadea, etc, terían que facer autocrítica e revisar os seus conceptos de liberdade, democracia, liberdade de expresión, etc.
As persoas públicas, e especialmente as que se adican á política, teñen que saber que están expostas á crítica, ao estilo que sexa, e que ninguén é intocable nin o debe ser. Federico Jiménez Losantos debe ter o seu espazo de expresión, igual que o teñen outros comunicadores máis políticamente correctos. Así se constrúen as sociedades plurais de verdade: contando con todos.
1 comentario:
totalmente de acordo. O que ocorre neste país é que a obedicencia ós partidos é moito maior que a lealtade a uns ideais.
Publicar un comentario