viernes, 13 de febrero de 2009

"Por fin!"

Por fin fun quen de conseguir unha copia dixital en alta resolución do cadro de Maruja Mallo "Sorpresa del Trigo", e con ela fun a unha imprenta, que imprimiu a imaxe en tela, quedando un resultado diría eu mellor ca o orixinal!!! É incrible o que se pode facer hoxe!! O caso é que por fin teño a esta fermosa moza de ollos azuis, de cuxas mans brota o trigo co que se ha facer o pan, pendurada unha das miñas paredes. Felicítome a min mesma.

No hay comentarios: