Este verán descubrimos este recantiño de paz e exhuberante vexetación á beira do río Coura. Trátase duns vellos moíños reconvertidos en aloxamento turístico e dunha galería de arte, a de María Braga. Ela é quen está á fronte do emprendimento e quen se leva ocupando dende fai anos de manter coidada e limpa a pequena illa que naquel tramo do río hai, á que se accede por unha pequena pontella.
O lugar é ideal para descansar e deixar ir os sentidos tralo rumor do río e o corido da vexetación.
Sitúase nunha das freguesías de Cerveira, a de Sopo, moi perto doutra chamada Vilar de Mouros, onde se come magníficamente no restaurante "Retiro da Ponte", situado á beira da ponte romana que cruza o Coura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario