domingo, 6 de septiembre de 2009

"Living with Michael Jackson: como Martin Basheer traizoou a Jackson"

VideoPlayback" src="http://video.google.com/googleplayer.swf?docid="-289035420860577832&hl="es&fs="true" style="width:400px;height:326px" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always" type="application/x-shockwave-flash">

http://www.documaniatv.com/biografias/michael-jackson-living-with-michael-jackson-subitulos-espanol-video_cb7aea1b3.html

Este documental, emitido no 2003, ano en que o cantante tiña 44 anos e aínda vivía no seu rancho "Neverland" de Santa Bárbara, California. Parece ser que o periodista británico Martin Bashir (o mesmo que no seu día tiña entrevistado a Ladi Di) obtivo permiso para grabar e preguntar por todo aquilo que quixer, incluíndo os temas máis polémicos como o da cirurxía plástica ou os maltratos por parte do pai na infancia.

Durante as entrevistas realizadas, que foron levadas a cabo no período de oito meses, Michael Jackson confesa que recibe a nenos de todo o mundo na súa casa, para que disfruten do parque de atraccións que alí tiña montado, e que acolle na súa cama, no seu cuarto, aos nenos fillos de amigos. O periodista indaga máis sobre o tema e fai as súas propias valoracións ao respecto. Tamén fala da súa infancia nos Jackson 5, a súa relación cos irmáns, coas mulleres, cos nenos, cos seus fillos. O tema que máis o incomoda é o do seu cambio de aspecto. Un visiblemente tenso e nervoso Michael refuta as teorías que din que se operou innumerables veces e que aclarou a pel porque en realidade non quería ser negro. Di que padece vitíligo dende moi xove e que se operou só dúas veces.

No documental pódese ver a un home fráxil e inmaduro, presa fácil de quen só buscaba o seu diñeiro. Chama a atención a fraxilidade tanto física como psíquica, que contrasta moito coa fortaleza que transmitía nos escenarios.

Asimesmo, e aquí está a parte máis negativa, o periodista vai facendo valoracións tanto das respostas do artista sobre os aspectos da súa vida que se lle permite observar, e as valoracións non son todo o respectuosas e obxectivas que cabería agardar. Tamén parece ser que diante de Jackson facía uns comentarios e logo os que aparecían no documental eran outros. O propio equipo de Jackson grabou paralelamente as entrevistas e logo difundiunas para que se vise a falsidade do periodista. En "Take Two: The Footage You Never Were Meant To See", Bashir emite xuízos que se contradín co que finalmente incluíu no documental, e que verían máis de cincuenta millóns de espectadores.

Vale a pena velo (está subtitulado ao castelán) e logo ver Take Two (está en You Tube) para comprobar a deslealadade de Bashir, que marcou o principio da fin de Jackson. Hai quen acusa a Bashir de ter nas mans o sangue de Jackson, de ser o actor principal da súa destrucción, tanto psíquica como física. Certamente, o que é claro é que o periodista traizoou a Jackson, que confiaba en que abrir as portas da súa casa e da súa vida axudaría a limpar o seu nome.

Por certo, podedes asinar AQUI ( http://www.gopetition.com/petitions/fire-martin-bashir.html) unha petición para que Martin Bashir, o oportunista, sexa despedido de ABC News, onde traballa agora.

No hay comentarios: