Érase unha vez un país situado na fin do mundo, asentado sobre unha sólida base metamórfica e agochado entre o brizoso da vexetación. Ollaba á inmensidade dos mares e océanos que o rodeaban na procura do irmán céltico situado nas frías augas do norte.
Tratábase dun dos máis fermosos pobos que un puidese imaxinar: tiña serras esgrevias e montesías, verdes e ondulantes vales, altas chairas de camiños que se perdían na liña do horizonte, rías de augas mornas soñadas por salmóns, sábalos, anguías e lampreas, altos cantís que desafiaban ás violentas ondas mariñas dos temporais inverníos...
Habitado dende épocas remotísimas, deu acubillo a todos cantos a el chegaron; xeracións de invasores e invadidos foron dándolle forma a un patrimonio cultural riquísimo que se manifestaba por todos os recunchos do país en todas as formas posibles: as rochas foron talladas e serviron de testemuña dos prehistóricos tempos nos que os seus habitantes mesmo ousaron levantar as súas casas nos outeiros máis altos; tamén foron as rochas dispostas en singulares monumentos líticos para servir de reposo último a quen algunha vez camiñara pola terra; as árbores foron adoradas e erguéronse ermidas aos deuses, pagáns e cristiáns. Construíronse altas murallas e belos edificios nos que moraron homes insignes. Catedrais de peregrinación mundial, modernas estradas que comunicaron aquel illado país con outros; cidades grandes e pequenas, cidades da cultura; fábricas de coches e centrais térmicas; encoros e encoriños que alumearon lonxe, moi lonxe, mesmo aos países veciños; plantáronse novas e modernas especies de árbores, chegadas de alén mar; construíronse granxas de peixes e as granxas de vacas informatizáronse; tiráronse paredes e concentráronse as parcelas; colocáronse web cams ao vivo nas zonas máis turísticas e as casas de aldea foron convertidas en rurais hoteliños con encanto...
Porén, nada parecía satisfacer aos seus habitantes, que encontraban a súa casa un lugar indigno; con frecuencia maldicían a súa sorte á vez que proxectaban os seus soños nos pobos veciños. Deixábanse seducir polos estranxeiros, cuxas linguas e maneiras encontraban máis belas e delicadas e a cuxos pés se tendían en actitude servil e humilde.
A tanto chegaba o seu desdén por si mesmos, que os habitantes daquel país prefirían mirar ao vacío antes de mirar a un veciño, por medo a verse reflexado. A lingua propia, noutrora cultivada para escribir os máis belos versos de amor, era agora pronunciada con desprezo e utilizábase para maldicir e condear. Pouco a pouco, a lingua ía transformándose, abandoando as súas primitivas formas, para parecerse máis á lingua do país veciño. As verbas eran adaptadas á fonética foránea, e, ao pronuncialas, os cidadáns sentíanse cada vez máis importantes. Ao mesmo tempo, imitaban en todo o posible a cultura veciña, importando os produtos foráneos, que eran vendidos nos mercados locais.
Agora os seus habitantes xa se atrevían a soñar con abandoar o desprezado solar patrio: sentíanse por fin preparados. Só ficaba unha cousa por eliminar: o vello acento da lingua ancestral, que, coma o olor da herba apodrecida, se empeñaba en afear a esforzada pronuncia das novas palabaras.
Tal foi a magnitude da súa ingratitude, deslealdade e desprezo cara á terra aboada cos restos dos seus antepasados, que os Deuses volveron a súa mirada cara a aquel recuncho do mundo do que algunha vez se sentiran especialmente orgullosos. Levoulles algún tempo entender a falla da súa creación, pois a esquizofrenia que se apoderara dos habitantes daquelas terras era tanta que escapaba mesmo á comprensión de quen a vida lles tiña dado. Os deuses, profundamente apenados, decidiron concederlle o seu desexo a quen por fillos tiñan. A partir dese momento, a vontade do pobo foi cumprida e xa nunca máis volveu nacer ningunha persoa no país dos mil ríos. Lentamente, ían desaparecendo, un tras doutro.
Por fin, o obxectivo estaba conquerido e o alacrán foi quen de cravar o aguillón no seu abultado abdome. Xa non ficou ningún galego para avergoñarse da súa historia, da súa cultura e, sobre todo, da súa lingua.
E entón, o Decreto do galego foi aprobado: para certificar a súa morte.
5 comentarios:
Digo-lhe do alto dos meus 63 anos de vida:Nenhum decreto consegue matar as Raízes de um Povo(aqui,as maiúsculas justificam-se mais do que nunca).E menos ainda quando essas Raízes são regadas pelas águas de mil rios e alimentadas pelo fervor de pessoas tão íntegras como você.Espero que este seu magnífico texto seja lido por muitos Galegos(se possível,por todos),e que as suas palavras se transformem em sinais de luz apontados ao Futuro.Que assim seja!
Que assim seja meu bom amigo, e que as palavras que um día pronunciou Castelao e que estao reproduzidas numa placa nos muros do Castelo de Guimaraes ("A nossa língua floresce em Portugal") sejam hoje e sempre entendidas e asumidas por galegos e portugueses, irmaos de sangue, berço e terra.
Que triste e que certeiro. O mal dos galegos e a nosa mermada autoestima, todo o de fora foi sempre mellor, incluida a xente de fora, e non imos para ata convertirnos en xente de fora na nosa propia terra, ata facerlle ese desprezo a quen nolo deu todo. Unha mágoa que a vontade por desaparecer persista sobre a de permanecer.
Ogallá haxa algo que facer, aínda que sexamos poucos deste lado da raia.
Que así sexa, Tartarouchiña. Non sei se o mal é patolóxico ou ben será algo do ambiente, relacionado con esta posición xeográfica tan exposta... quen sabe. O peor é que temos á frente das institucións a todos cantos inútiles criou este país. A maior inutilidade e ineficacia, máis arriba ten o cargo. A lingua que con tanto traballo chegou a nós, con xeracións e xeracións de galegos detrás, que nos deixaron non só unha lingua senón todo un patrimonio cultural, unha lupa especial a traveso da que mirar o mundo, é exterminada cada día un pouquiño máis por aqueles traidores que se agochan no argumento da "liberdade lingüística" e que invocan á Constitución española, que por certo, garante a permanencia e protección das linguas minoritarias do país. Así pensan construílo? Ai non, así non quero. Por iso vin para esta beira. Alo menos deste lado os cans son caes e non perros...
Apertas.
Yo no soy Gallega hablante, pero siento vuestro dolor. Así y todo no puedo creer que esta lengua vaya a desaparecer, ¿no verdad?.
Vivo en Galicia desde hace 10 años y ya no me puedo ir de aquí porque me ha atrapado esta bellísima tierra, llena de magia y ternura. Prometo aprender a hablar gallego por respeto a este lugar.
Mi más sincero apoyo
Marialuisa
Publicar un comentario