miércoles, 24 de febrero de 2010

"Moción política para solicitar nos plenos dos Concellos Galegos que Rosa Díez sexa declarada Persoa Non Grata"

A ver se algún partido político se anima a presentala no seu Concello.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O grupo municipal do Partido X do Concello Y presenta a presente moción á vista dos seguintes feitos:
-A dirixente do partido político de ámbito estatal UPD, Rosa Díez, utilizou o xentilicio "gallego" para insultar e descalificar ao presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoó e ao presidente do goberno de España, José Luís Rodríguez Zapatero, puntualizando que utilizaba o "sentido máis pexorativo" do termo.
Ademáis, na entrevista co periodista Iñaki Gabilondo, nunha cadea de televisión, logo de afirmar que Zapatero "podría ser gallego en el sentido más peyorativo del término", foi preguntada pola súa opinión sobre Rajoy, ao que, con cara de ironía respostou "Es gallego".
-A dirixente mencionada non só non ofreceu aclaracións nin desculpas aos galegos e ao seu presidente por ternos insultado tan gravemente a todos, senón que voltou a utilizar esta expresión no día de onte, ratificándose no insulto a todo o pobo galego e os seus habitantes.
- O uso do termo "gallego" con calqueira sentido pexorativo é inaceptable por parte de calqueira cidadán, e constitúe unha agresión propia de quen ten prexuízos cara ós galegos baseados na ignorancia e falta de cultura. Un representante político que utiliza un discurso así, non fai máis que buscar a confrontación e a ruptura, en lugar de buscar o entendemento e a cooperación entre todos os territorios que forman o Estado.
Por todo isto é que
SOLICITAMOS
Que este Concello declare a Rosa Díez como PERSOA NON GRATA e o faga saber públicamente a traveso dos medios de comunicación.

1 comentario:

antonio serer dijo...

Cara Amiga:Hoje,vou ser um pouco duro(movido não pelo ódio,mas pela revolta).Em Portugal diz-se que "quem não se sente não é filho de boa gente".Certamente,na nossa maravilhosa Galiza também haverá um ditado popular análogo.Tenho um blog de humor intitulado News of Karrapetatown que coloquei no FaceBook para lhe dar maior visibilidade.E foi aí,no FaceBook,que enviei a seguinte mensagem a uma das minhas "amigas":"Rosa(mustia)Díez es,ademas de acéfala,una criatura en acelerado proceso de autofagia.Dentro de días se defecará a si propria,y de su pasaje por este mundo sólo restará el mal olor(que los vientos del olvido dispersarán rapidamente).Una ultima nota:Antiguamente se decia 'Me cago en Diez'.Ahora se debe decir 'Me cago en Díez'."Poderá não ser um texto muito elegante.Mas há alturas em que a elegância pode servir para esconder a hipocrisia e a falta de personalidade.VIVA A GALIZA!!!Um Abraço.