Para quen non saiba de que vai isto do "homeschooling": é o feito de que os nenos reciban os contidos da "enseñanza formal" na casa, en lugar de ir á escola. Dende logo non é nada novo, xa que así se educaron persoeiros que destacaron en todos os campos do saber ao longo da historia, mais si ten de novidoso o feito de que nunha sociedade democrática onde hai acceso universal ao ensino, haxa familias que deciden non escolarizar aos fillos. Por que tomarían unha decisión así? Pois por multitude de razóns, sendo algunhas das máis importantes as seguintes:
- Polo cada vez maior fracaso escolar do sistema oficial de ensino, que condea a catro de cada dez nenos a seren etiquetados de "fracasados".
-Polo tipo de ideoloxía que se transmite nas escolas: a competitividade e a uniformización son dous aspectos que adoitan estar presentes en todas as actividades que se fan nos colexos. Todo o contrario do que debería ser unha escola democrática, que forme cidadáns cultos e críticos.
- Polos fenómenos da violencia e do bullying, que cada vez son mais correntes nos colexos.
- Polo feito de que o sistema escolar está ancorado nuns métodos educativos e nuns contidos do pasado, que non están adaptados ás necesidades que ten a sociedade actual.
-Por motivos relixiosos, xa que para moitas familias a escola non resposta ás demandas de formación moral e espiritual que debería; para outras, os motivos son xusto os contrarios, xa que consideran que a relixión debería estar fóra da escola.
- Por motivos lingüísticos, xa que algúns pais néganse a que os seus fillos reciban a ensinanza oficial nunha lingua distinta á lingua materna dos seus fillos.
-Por varios motivos dos anteriores e algúns que non mencionei.
No noso país o "ensino doméstico" non está regulamentado, ao contrario que noutros países, como por exemplo Portugal, anque o certo é que non hai ningunha lei que obrigue a escolarizar aos nenos. A Constitución Española di que todos os españois teñen dereito á enseñanza, mais non especifica que esta teña que ser adquirida nun centro educativo. Por este resquicio legal é por onde as familias españolas que educan aos seus fillos nas casas consiguen recoñecemento, xa que prácticamente todas as que foron "inspeccionadas " polos organismos oficiais que velan polos dereitos dos menores, puideron seguir ensinando aos nenos na casa, constituíndo, de facto, o recoñecemento legal a esta situación.
Nos Estados Unidos é unha maneira moi habitual de se educar, anque hai máis facilidades para poder presentarse aos exames de obtención das correspondentes titualcións, e tamén escolas a distancia, que proporcionan materiais e guías aos pais ou persoas encargadas de proporcionar educación aos nenos.
As familias españolas que educan na casa, a miúdo matriculan aos nenos en escolas americanas a distancia, e unha vez finalizados os estudios, piden a convalidación dos títulos no MEC. Recentemente, constituíuse Epysteme, que é xustamente a que organiza a xuntanza de Toledo.
É evidente que esta é unha opción moi moi minoritaria e reservada a pais que poden permitirse proporcionarlles aos seus fillos unha educación deste tipo, ben porque teñen posibilidades de compaxinar esta actividade coa súa actividade profesional e tamén porque teñen a formación necesaria ou o diñeiro para lles facilitar os medios aos fillos.
En fin, a sociedade española cada vez é máis complexa.
En Portugal tamén hai familias homescholers, anque aquí acuñouse a expresión "ensino domiciliar" ou "ensino doméstico". Neste país están establecidas unha serie de probas e controis por parte da administración educativa correspondente que garante que o alumno está seguindo o nivel que lle corresponde pola súa idade.
Pois xa sabedes: se vos viñades prantexando que a escola oficial non resposta ás necesidades dos vosos fillos, hai alternativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario