Ola; Son o Scooby e agora son o can da casa. Encargáronme un monte de tarefas, agora que non está o vello Bogui, e sinto unha grande responsabilidade. Até a semana pasada eu non era máis que un cachorro pletórico de enerxía e de brincadeira; cando saíamos a pasear íamos seguindo o vieiro escollido polo Macho Alfa. El era o can máis grande que eu vin, de cor mouro e expresión seria, pouco amigo das miñas tonterías, e moito máis interesado na nosa ama, coa que pasou toda a súa vida ( ben, houbo unha pequena paréntese na que tiveron que se separar, contra as súas vontades, iso si...). Últimamente pasaba máis traballos para camiñar e víase preocupado. Eu penso que lle doía algo, e non é para menos, coas feridas que lle saían por todo o corpo e que nunca curaban...
O caso é que, como din os nenos da casa, o Bogui marchou vivir á floresta, cos esquíos e os paxaros, e, segundo aseguran, cos leóns e os tigres e os crocodilos... todo iso din que hai aquí mesmo, ao ladiño, onde, polo visto, van vivir todos os cans cando son vellos... Se cadra o volvo ver na floresta, cando me toque a min ir vivir alí...
Ben, sexa como for, agora son eu o can da casa, e a miña ama di que se me acentuou a cara de Clingon que xa tiña...
2 comentarios:
Tenho muito para comentar,mas não neste momento.Para já,quero,apenas,felicitar o Scooby por ter uma Amiga(ninguém é dono de ninguém) tão sensível e tão lúcida.Um Abraço.
Obrigada António. É certo, ninguén é dono de ninguen. Fico a aguardar entao por seus comentários quando for o momento apropriado.
Abraó
Publicar un comentario