Ai, canto agardei por ti! Todos estes meses a escuras, agochada do frío, da chuvia, do vento... contando os días para que pasaran máis rápido...
Canta faltiña do teu calorciño na pel branca, tapada por mil capas. Estabas, mais adoitabas ficar, tímido, detrás das nubes. Poucas veces te puiden ver ás claras. E sufrín o indecible durante todos estes meses: sempre chego a convencerme de que non voltarás, esta vez non. E é que tan duro foi o inverno que pensei que ía ficar permanentemente, interpóndose entre ti e eu; entre o deus e o discípulo, o creador e a súa creación.
Por fin todo rematou. Poderá resistirse aínda un pouco máis a escuridade e a friaxe do inverno, mais xa dá os últimos espasmos agónicos. Agora só ti reinarás sobre todos nós. Dálles a quentura que precisan, rápido, ás plantas e árbores. Están moi retrasadas e teñen moito por facer! Seca as poceiras que asulagan e afogan a quen afeito a tanta auga non está. Volve os ríos ós seus cauces e pono todo no seu lugar propio. Que todo volte a ser coma sempre é, no mes das flores, no mes do meu nacemento, ou sexa, do teu parto.
6 comentarios:
Eu,se fosse um animal dito irracional,seria um lobo.Como se sabe,os lobos não hibernam e,por isso,tenho de fingir que sou um urso.Um velho urso que adora mel.Regressou a Primavera e,com ela,a minha alegria.Porque-ainda que ame a chuva,a sua musicalidade,e o cheiro bom que deixa na terra-,preciso do sol para pintar os meus gnomos e as minhas fadas.Para si,que tem o brilho da Primavera no olhar,desejo-lhe que continue a deliciar-nos e a fazer-nos pensar com os seus belos,profundos e certeiros textos.Que o seu coração se encha de flores e de sol por todos os dias da sua vida-desejo que faço extensivo a todos quantos têm o bom gosto de visitar este blog.Que assim seja!
Ah, que ledicia volver ler seus comentários, meu querido António. Coma sempre, é un prazer muito grande saber que voçé visita a minha casa-este blogue de quando en vez. Obrigado pelos seus desejos de sol e flores. Desejo para voçé que toda a luz do sol ilumine suas fadas e gnomos e que o urso-lobo disfrute da primavera que ja entrou.
apertas.
pero o mes das flores non é maio?
sempre ando a preguntar cómo lle chaman a floriña esa da tua foto.
parece que en cada zona ten un nome diferente.
medraban detrás da escola onde eu ia de cativa, e cando saían enchían todo un campo enteiro que había alí onde enredabamos no recreo, e eu sempre asociei esas flores con momentos de chegar novos aires, coma quén lle van traer algo os reises
(oiches, cambiei de blog, e neste novo enlaceite. pero no antigo tés a nova dirección, no caso que o nick deste coment non te levara alí... desculpa as molestias, xa sei que é un rollo andar cambiando, pero tiña gana...)
pero o mes das flores non é maio?
sempre ando a preguntar cómo lle chaman a floriña esa da tua foto.
parece que en cada zona ten un nome diferente.
medraban detrás da escola onde eu ia de cativa, e cando saían enchían todo un campo enteiro que había alí onde enredabamos no recreo, e eu sempre asociei esas flores con momentos de chegar novos aires, coma quén lle van traer algo os reises
(oiches, cambiei de blog, e neste novo enlaceite. pero no antigo tés a nova dirección, no caso que o nick deste coment non te levara alí... desculpa as molestias, xa sei que é un rollo andar cambiando, pero tiña gana...)
Zeltia, mágoa que eu tampouco sei o nome desta floriña, anque é moi común, tamén por aquí.
En canto ao novo enderezo do teu blogue, xa te teño "actualizada". Obrigada por me pores alí! É toda unha honra para min! Isto da blogosfera é coma quen chega a vivir a un novo barrio! Leva tempo ir coñecendo veciños, e pouco a pouco un xa é coma se fose do pobo...
Apertas.
Andivemos os dous moi cercanos na imaxe e tamén na mensaxe escrita. E hoxe...vaia que se nos puxeron mustias as flores con tanta auga!!!. Eu xa o dicía...
Pero xa volverá lucir o sol de novo!
Bicos
Publicar un comentario