Queda claro que aqueles que pintan obstinadamente "Galiza nao é espanha" neste lado da raia non son portugueses... senón seguramente galegos "doidos" que soñan con seren comprendidos por uns irmáns portugueses que en canto teñen oportunidade enarbolan a bandeira española e non a galega...
Ai que doloooor...
Ben, o caso é que o servizo de urxencias de Valença do Minho foi eliminado, e logo de diversas protestas, incluído un espectacular corte da autovía, e á vista da indolencia da ministra de sanidade portuguesa, o alcalde de Tui declarou que os portugueses que o precisen serán atendidos no servizo de urxencias tudense, dende o que, por certo, se manifestaron incapaces de atender tal demanda... Cousas da caída das fronteiras.
O peor de todo, ver esas manifestacións espontáneas de portugueses abrazando a bandeira española e declarándose españois ata a morte. Fican desculpados porque seguramente descoñecen que os servizos sanitarios están descentralizados, e porque seguramente lles foi imposíbel facerse con tantas bandeiras galegas como precisaron así de golpe... mais eu fico desmoralizada...
3 comentarios:
xa oira desa noticia nalgures.
e si que desmoraliza ver un trapo en vez doutro. o que é a cor dun trapo, eh
Desmoraliza, e moito. a min xa me estranaba cando, en lugar de me falar en portugués, me falan en castelán! E mira, é que son "espanhois cen por cen", como dicían o outro día para unhas cámaras da TVE1. En fin...
Non se lle pode culpar á xente de ignorar algo que non teñen por que saber. O que hai que facer é traballar pra que deixen de ignorar o que hai.
Despaciño e boa letra. Desmoralizarse nunca!!
Publicar un comentario