martes, 27 de abril de 2010

"Traballando os mitos gregos"











A semana pasada traballamos o mito de Psique e Eros e este é parte do resultado, o máis vistoso. Agardamos que vos guste, igual que nos gustou a nós aprender algo de cultura clásica, literatura, historia e arte.





2 comentarios:

Zeltia dijo...

unha maneira engaiolante de aprender mitoloxía. este mito, por riba, é un dos meus preferidos. encántame a escultura de antonio cánova, con psique reanimada polo beso de amor, que xa vexo que a tedes colgada no corcho.

parabéns polo traballo, os rapaces uns artistas
fáiseme especialmente tenro o debuxo no que se ve a eros tan naif e formaliño coas súas ás, pegadiño ó seu lado da cama
:-)

Proida dijo...

Alédome que che gustase. A min tamén me gusta o mito e tiven a oportunidade de ver a escultura á que fas referencia e é alucinante. Aos rapaces gústalles todo tipo de historias, e a mitoloxía aínda máis, así que nos vai bárbaro.
Os debuxos son simpáticos, si...