domingo, 25 de abril de 2010

"xenofobia e discriminación no sistema educativo? - Para min que si..."

















No país onde todo era ao revés, aqueles que se tiñan por máis progresistas eran os máis retrógrados e menos tolerantes. Xusto como no noso!

6 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Esta vez non vou dicir nada, que o tema é moi serio e coas fotos que elexiches (menos a do Adidas) váiseme moito a pinza e...
...un bico!!!

Proida dijo...

...pois este é o lugar para deixarse ir! dálle, que así tamén digo eu o que calei...

Paz Zeltia dijo...

bueno, pois eu estou escandalizada pola historia do velo, claro que é unha discriminación por razóns relixiosas, e tamén cun moito de xenofobia,
PERO
e que eu estou EN CONTRA DO VELO
aquí en plan dictadora, estou en contra do velo, en contra dos crucifixos e en contra de calquera manifestación relixiosa nos colexios públicos e en calquera outro que reciba cartos do estado, ben sexa como subvencións ou coma concertos.
con esa historia de que éste é un estado a-confesional do carallo,
eu quería un estado laico.
nin velos nin hostias
que manía lle teño a todas as relixións e toda esa podremia.
non querería ofender a ninguén, eh, pero e que tanta leria xa me ten podre.
fora toda manifestación relixiosa dos colexios e punto.

Chousa da Alcandra dijo...

Aiiii, non me fagas convites así que...non son nada de fiar!!!
;-)

(Esta vez ía de coña, e o tema é profundo)

Proida dijo...

Aí vou eu entón, Chousa, e zeltia, que ao fin e ao cabo tamén fun eu que vos piquei...
Sinto tan pouca simpatía cara ás relixións coma ti, Zeltia, e nin son crente nin practicante de ningunha, anque si teño curiosidade antropolóxica polo fenómeno. Tamén concordo contigo, Zeltia, en que as manifestacións relixiosas, sexan estas a exhibición de símbolos ou celebración de ritos, sobran das escolas públicas deste país, no sentido de que estas nonas deben nin poden promover. Parecendo isto tan obvio, aínda fai poucas semanas que un compañeiro dun colexo de Tomiño, de primaria, deu cun crucifixo colgado nas paredes dunha aula do seu centro, cousa que parece impensable a día de hoxe e logo de todos cantos debates leva habido sobre o tema.
A insistencia da pequena de Madrid e da súa familia por vestir o velo, non contradí nada do que acabo de dicir, xa que, nin se trata simplemente dun símbolo relixioso, nin é exhibido polo centro nin institución oficial pública. O velo que levan as mulleres nos países islámicos e prácticamente, por extensión, en todos os países árabes,non é só un símbolo relixioso, senón social e cultural, identificado fondamente coa súa tradición e ser diferencial dentro do mundo. Non serei eu a que me erixa en muller super liberada, pertencente ao avanzadísimo primeiro mundo de superioridade cultural, portando a bandeira da liberación das mulleres sometidas do mundo, nin pretenderei ser exemplo moral ou social para ninguén que pertenza a outra cultura calqueira, por moi mal ou moi estranos que me parezan algúns aspectos dela. Limitareime a tratar de coñecela, comprendela e respectala, como debería facer calqueira persoa do mundo amante da tolerancia e da paz.
Pensando isto, acho que acudir ás prohibicións nos regulamentos de réxime interno dos centros educativos, para impedirlle á rapaza esta e a calqueira outra, levar o velo, constitúe unha moi burda maneira de tratar o tema, supondo, segundo a óptica dos prohibidores, unha dobre discriminación ( discriminar a quen consideran xa discriminado). Regular a vestimenta ou o dereito de calqueira persoa que veña doutro lugar onde se vista diferente, a traveso de normas así, non só non axuda ao entendemento e integración positiva dos inmigrantes, senón que fai que neste caso a comunidade musulmá se sinta rexeitada e incómoda, á par que avivamos a xenofobia en mentes xa tendentes de por si a rexeitar todo o distinto e alleo ao propio.
Xa é abonda consideración para o sistema educativo deste país, que é unha das institucións máis fracasadas que temos, que os pais dos nenos inmigrantes, traballadores eles, e pagadores de impostos, traguen coa educación que se lles dá aquí aos seus vástagos, chea a cotío de prexuízos e falta de tolerancia e capacidade crítica.
No fondo, non é o velo o que fode, senón a simple presenza de quen o leva.
Vénseme á cabeza aquela conferencia de Aznar en certa universidade americana onde ilustraba aos seus estudantes sobre a maneira en que os españois sabemos tratar cos moros. E Aznar foi presidente deste país! Por algo será...

Paz Zeltia dijo...

non se me escapa o trasfondo, proida
mesturanse moitas cousas nése símbolo do velo.