Con Uxío Novoneyra teño coincidido en ocasións co gallo dalgún acto ó que nos levaba a militancia común. Era un dos "maiores" da causa, un referente para todos os que daquela pensabamos que o futuro de Galiza pasaba, inevitablemente, polas nosas mans. Formando parte da "organización", man con man cos compañeiros e compañeiras, coa ilusión de cambiármolo mundo...
E Uxío, xunto con outros intelectuais comprometidos, formaba parte da paisaxe á que queriamos pertencer algún día.
Agora parece mentira que xa non estea, e o que é peor: que anden a loubalo aqueles inimigos da nosa cultura, os que desprezan todo canto Novoneyra amaba.
1 comentario:
Pero os que admirábamos antes...seguimos admirándoo. Iso é o realmente importante. Non cres?
Os do poder xa sabes que tanto se arriman a un carballo coma un piñeiro, con tal que lles quente o que teñen frío.
Feliz día das Letras (que tamén son os outros 364).
Publicar un comentario