Veño de dar con este artigo de Xavier Alcalá, escritor en lingua galega, nacido en Ciudad Real e casado con arxentina de orixe inglés, entre cuxos méritos se atopa o de ter escrito algunha canción para Andrés Dobarro.
A primeira lectura do texto déixame asombrada, e é que o feito de que un escritor se refira a outro con tanta mala fe dá moito que ver. Certo que hai un glorioso precedente na literatura española, anque os dous protagonistas non serven de paralelismo con este caso, xa que para iso precisaríamos asumir que Alcalá é un escritor consolidado e con algún prestixio. Non é o caso.
Claro que acusar a Ángeles Caso de se ter apropiado dun título seu é comezar por algo, anque dubido moito de que esta carreira o vaia levar a gañar un Nóbel...
Leo o texto de segundas e doume conta de que se trata dun artigo ponzoñento cheo de prexuízos cara a dous escritores universais: dende faltarlles ao respecto ás súas donas ata a atribuírlles non sei que prexuízos cara á lingua galega. O final do texto sérvelle para cubrirse de gloria e prefiro nin comentalo porque a falta de respecto cara ós seus maiores é tan grave que abonda para non voltar ler un libro de Alcalá. Xa lle gustaría chegar a ter algunha vez a metade de sentido común e de clarividencia que tiña Saramago aos seus oitenta e tantos.
A clave debe estar no sentimento de ruín envexa de quen se ten a si mesmo por un grandísimo autor, merecente, por suposto do Nobel. Se segue nesta liña, moito me dá que non pasará de ser máis que un mestre de universidade.
Por certo, calificar o "Caim" de soporífero só ten un par de explicacións: ou nono leu, ou a súa formación en enxeñería das telecomunicacións lle impide recoñecer unha obra mestra cando está diante das súas narices.
Eu creo que nono leu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario