Ola novamente a tod@s!!!
Grazas por agardar e polos bos desexos.
Non podo aínda describir con palabras todo o remuíño de sensacións e sentimentos que andan a rebulir aquí por dentro, así que ata que sexa quen de lle pór adxectivos ,deixareivos con este documental, sobre o que levo matinando tanto estes días. E é que, aos poucos minutos de nacer a Irene, produciuse unha conversa sobre a importancia da infancia para a vida posterior das persoas, e nela mencionouse a frase que Michi Panero pronuncia neste documental sobre a vida familiar dos Panero: "Éramos tan felices...". Nunca esquecerei aquela conversa.
Convídovos a velo e a descubrir, de paso, a obra dos Panero. O maior dos irmáns vive nun psiquiátrico, máis lúcido que ninguén, e imaxino que tamén máis esquecido que ninguén.
Que sirva como triple homenaxe: a Enrique Lebrero, o home marabilloso que nos axudou á miña nena e a min a fundírmonos no abrazo primixenio; aos Panero, Tecglen e todos cantos cerebros lúcidos se viron anubados pola sombra das drogas e da SIDA naquel Madrid dos anos setenta e oitenta; á infancia, a idade dourada que toda persoa ten dereito a disfrutar.
1 comentario:
Alédame esa ledicia que transmites á vez que vos dou a benvida.
(Marchaches e decretouse o estado de alerta; volves cando se ergue...; seguro que non formas parte do goberno español?).
Bicos dende a Chousa
Publicar un comentario