Vaia panda de hipócritas que temos por gobernantes! E pensar que estamos nas súas mans... Eu sempre digo que estar este chiringuito europeo que montamos está ben, pero nunca temos que renunciar á soberanía alimentaria, e este espectáculo que estamos a contemplar con respecto a Libia, é un exemplo de como os "amigos" e "aliados" te apuñalan polas costas cando lles interesa. E é que a capacidade para producir os propios alimentos non se debe entregar.
Dende cando a Europa lle importa a democracia en África? Dende cando Europa ten algún interese polo pobo libio que non sexa o interese por lle roubar os seus recursos enerxéticos?
Libia estará dirixida por un ditador, mais iso xa o sabíamos en Europa fai varias décadas. Como é que agora de repente decidimos sacar ao louco ese do poder, logo de todos estes anos de recoñecemento da súa autoridade?
Que estrano todo isto! Non vos parece estrano que de repente no norte de África lle dera a todo o mundo por volverse en contra dos seus dirixentes, así polas boas? Co complicado que é mobilizar á poboación civil para a máis mínima cousa, como é que así espontáneamente se deron conta de que querían outra cousa? Grazas ás redes sociais?
Para min que nos están a tratar como idiotas e a contar unha historia falsa. Non será que o Poder decidiu desestabilizar esa zona por algunha suxa e interesada razón distinta da humanitaria?
No hay comentarios:
Publicar un comentario