Onte recibín un mail do meu conselleiro favorito, o de educación. Certo que no goberno Feijoó un non sabe ben con quen quedarse, se co de Kultura, que, como é anarko, decidiu que Sobrado dos Monxes é Desván de los Monjes; tamén podía escoller ao "independente" Anxo Lorenzo, aquel profesor que para Galicia Vil-Lingüe era un "impositor" da lingua galega,e resultou ser outra cousa ben distinta; doeríame non poder incluír na miña lista de favoritos á conselleira de Facenda, a sra Currás: iso si que é unha conselleira ben "conservada", e que maneiras, que elegancia, que carisma !Iso si que é ter unha conselleira das de birrete, e non boina!
Sexa como for, e con moita dor de corazón, teño que quedarme con Don Jesús Vázquez Abaz.
Que educación a súa! Sen ir máis lonxe, onte mandoume un e-mail persoal! Nel, Suso louva as miñas grandes cualidades para o exercicio da miña profesión (como saberá el o moi boa profesora que son?... home, terá información privilexiada), e di que contribuín para pór non sei que piares da sociedade (xúrovos que eu de construcción non sei nin media palabra,pero bueno, téñoo enganado; di que a sociedade está en tránsito, e que nada se asemella a fai uns anos (iso é certo; eu estaba algo máis delgada) e que teño que acadar un equilibrio entre as maiores exixencias sociais e a excelencia educativa. Isto último nono pillo moi ben, anque logo esténdese algo máis, comentando que o equilibrio consiste en que faga máis gardas, e apoie a outros mestres, me desdobre, atenda á diversidade, e outro monte de tarefas... Claro que todo isto é aparte, e a maiores, de dar clase e ensinar a lingua (é que só ensinamos unha de verdade, e non é o galego precisamente), as Matemáticas, as sociais e as naturais e tamén a sentarse ben, non dicir palabrotas, ser solidarios, igualitarios, etc.
O caso é que todo isto ocorréuselle a el soliño, e di que, contrariamente ao que opinamos os mestres, non se trata de recortar profesorado,senón de acadar a "excelencia educativa". Para acadar tal cousa, o mellor é facer estas grandes reformas que nos van levar á excelencia, no mes de xuño, cando todos estamos a punto de coller as vacacións. Por suposto, nada de comentalo con ninguén, e moito menos cos propios implicados, non vaia ser que se opoñan.
Pedindoa miña máxima colaboración na "implementación" da excelencia educativa é que se despide o Conselleiro.
Canta retranca!!!
Se dixera a verdade canto mellor non lle sería!!!
En fin, isto é o que votou a maioría, así que isto é o que hai. Os que teñades cartos, xa sabedes,os fillos á privada e os que non, a foderse, que para iso é un servizo público posto á disposición das ovellas, xestionado polos lobos.