lunes, 25 de marzo de 2013
"Deixade o chocolate!!!"
"Renunciar á comodidade"
jueves, 24 de enero de 2013
"Nunca me fun!"
lunes, 30 de abril de 2012
martes, 17 de abril de 2012
martes, 10 de abril de 2012
domingo, 26 de febrero de 2012
viernes, 24 de febrero de 2012
jueves, 16 de febrero de 2012
miércoles, 6 de julio de 2011
"Sensibilidade Química Múltiple"
Que a grande maioría dos materiais e substancias cos que estamos en contacto a diario son tóxicos, en pequenas e/ou grandes cantidades é un feito amplamente coñecido e recoñecido mesmo por quen fabrica os propios produtos. Exemplos moi escandalosos son a presenza de substancias capaces de producir disfuncións importantísimas en órganos vitais e distintos tipos de cancro en cosméticos de uso cotián: parafinas líquidas, procedentes do petróleo, en aceites para bebés; ftalatos, que producen esterilidade masculina, nos plásticos cos que se elaboran obxectos cotiás como recipientes de comida, cortinas de baño, brinquedos para bebés, etc, e nón só nestes obxectos senón tamén nos cosméticos como champús, suavizantes, cremas anti-engurras, etc; fenol e fenil, dous alcoholes capaces de afectar ao sistema nervoso, fígado, pel, etc, en cosméticos, lacas do pelo e enxaugues dentais; colorantes, solventes, fragancias artificiais e centos e centos de substancias químicas artificiais que están presentes en absolutamente todos os obxectos cos que temos contacto a diario, como a cola coa que están pegados os móveis da nosa casa, ou a tinta coa que están impresos os libros, ou os tintes cos que nos tinximos o cabelo, os ambientadores e desodorantes, antimosquitos e plásticos diversos nos que gardamos a comida... Por non falar dos limpadores que utilizamos para desinfectar o baño, o chan das nosas casas, os limpa cristais, os xabróns da lavadora, suavizantes da roupa, etc... e do teflón co que están recubertas as nosas tixolas, que emana substancias velenosas ao alcanzar determinada temperatura cando cociñamos.
Resulta que o noso modo de vida está fundamentado na toxicidade de todo o que o substenta! Pois ben, parece que o síndrome de sensibilidade química múltiple, a fatiga crónica e outras enfermidades de nova aparición e sen recoñecer actualmente en moitos países, entre eles o noso, están aumentando exponencialmente entre a poboación e incapacitando a quen os padece para traballar e seguir levando unha vida normal, estando obrigados a recluírse nas súas casas, que converten nun búnquer onde os tóxicos se limitan ao mínimo posible para poder sobrevivir. Aparentemente, o noso organismo é capaz de tolerar unha cantidade de tóxicos máxima e chega un momento que se satura, enfermando todos os nosos sistemas á vez e manifestando síntomas propios de múltiples enfermidades, como problemas respiratorios, articulatorios, dixestivos, nervosos, alérxicos, et. A miúdo os médicos son incapaces de recoñecer a enfermidade, pola Utilizar produtos elaborados con materias primas o máis naturais posible e libres de tóxicos é a solución que atoparon estas persoas, e demóstrase que deste xeito poden levar unha vida máis ou menos normal, pero claro, lonxe do resto da sociedade.
Veño de ler sobre o tema e tamén de comprobar que todos nós poderiamos vivir rodeados de produtos naturais se nos concienciarmos do importante que é manter a nosa saúde e a dos fillos a salvo dos intereses económicos de quen se enriquece á conta de vendernos un produto a sabendas de que é tóxico, como acontece coa maioría das marcas que fabrican todo o que utilizamos a diario e que, como legalmente poden permitirse seguirnos envelenando, nada invisten en ver de que maneira hai que modificar a fabricación para facer o produto non tóxico. Porque existen marcas que así o fan produtos á venda libres de tóxicos, é que sabemos que é viable.
Acabaremos todos recluídos nas nosas casas, incapacitados, igual que estas persoas que anónimamente sofren a avaricia da sociedade? Acabarán os nosos fillos coa saúde destrozada só porque nós, coñecedores do estado das cousas, nos negamos a cambiar as cousas?
Entretanto, optar por produtos sans no posible, ecolóxicos, consultar sempre as etiquetas dos produtos e ler, informarse, que é o único que se me ocorre.
Deixo uns enlaces interesantisimos ao respecto:
http://www.dsalud.com/index.php?pagina=articulo&c=499
http://nofun-eva.blogspot.com/
http://nofun-eva.blogspot.com/2008/08/cosmtica-natural.html
http://nofun-eva.blogspot.com/2008/07/una-casa-saludable.html
http://nofun-eva.blogspot.com/2008/11/utensilios-de-cocina-y-toxicidad.html
martes, 28 de junio de 2011
"A excelencia educativa en Galiza: recorte de profesorado"

Sexa como for, e con moita dor de corazón, teño que quedarme con Don Jesús Vázquez Abaz.
Que educación a súa! Sen ir máis lonxe, onte mandoume un e-mail persoal! Nel, Suso louva as miñas grandes cualidades para o exercicio da miña profesión (como saberá el o moi boa profesora que son?... home, terá información privilexiada), e di que contribuín para pór non sei que piares da sociedade (xúrovos que eu de construcción non sei nin media palabra,pero bueno, téñoo enganado; di que a sociedade está en tránsito, e que nada se asemella a fai uns anos (iso é certo; eu estaba algo máis delgada) e que teño que acadar un equilibrio entre as maiores exixencias sociais e a excelencia educativa. Isto último nono pillo moi ben, anque logo esténdese algo máis, comentando que o equilibrio consiste en que faga máis gardas, e apoie a outros mestres, me desdobre, atenda á diversidade, e outro monte de tarefas... Claro que todo isto é aparte, e a maiores, de dar clase e ensinar a lingua (é que só ensinamos unha de verdade, e non é o galego precisamente), as Matemáticas, as sociais e as naturais e tamén a sentarse ben, non dicir palabrotas, ser solidarios, igualitarios, etc.
O caso é que todo isto ocorréuselle a el soliño, e di que, contrariamente ao que opinamos os mestres, non se trata de recortar profesorado,senón de acadar a "excelencia educativa". Para acadar tal cousa, o mellor é facer estas grandes reformas que nos van levar á excelencia, no mes de xuño, cando todos estamos a punto de coller as vacacións. Por suposto, nada de comentalo con ninguén, e moito menos cos propios implicados, non vaia ser que se opoñan.
Pedindoa miña máxima colaboración na "implementación" da excelencia educativa é que se despide o Conselleiro.
Canta retranca!!!
Se dixera a verdade canto mellor non lle sería!!!
En fin, isto é o que votou a maioría, así que isto é o que hai. Os que teñades cartos, xa sabedes,os fillos á privada e os que non, a foderse, que para iso é un servizo público posto á disposición das ovellas, xestionado polos lobos.
jueves, 9 de junio de 2011
"Queremos Pan!"
Claro, queremos todo o que non pode ser...
Mais non renunciamos a soñar!
jueves, 2 de junio de 2011
"O Noso Xardín"
miércoles, 1 de junio de 2011
"Escutigera Coleoptrata"
É certo que non é a primeira vez que as vexo...
É certo que, vistas no garaxe, son tolerables...
É certo tamén, que están protexidas e que son beneficiosas pola grande cantidade de bichiños indesexables dos que dan conta: arañas, mosquitos, etc.
É certo que non ataca nin pica se non se ve ameazada, así que non terá oportunidade de me causar unha reacción alérxica pola súa mordedura se a deixo en paz...
Pero é que esta noite unha paseóuseme polas pernas desnudas!!!! E non vexades o rápido que pode chegar a correr a "escutigera coleoptrata"! a desta noite non sobrevivíu, infelizmente, ao meu ataque mortal, armada cunha boa cantidade de papel hixiénico, que se precipitou sobre o seu asqueroso corpo, deixándoo dividido en que sei eu cantos segmentos con cadanseu par de pés...
Síntoo por ela e polos seus seres queridos, pero teño que dicir que calqueira cempés destes que pretenda compartir a miña casa sen ser convidado, irá tamén compartir a mesma sorte, así que é mellor que se manteñan alonxadas de min e dos meus fillos!!!
Sen cachondeos... na Pastoriza non había este tipo de cempés. Polo visto son de climas mediterráneos, anque leo que están moi estendidas...
O noxo que me dan só é comparable ao que me dan as arañas, así que polo menos, a escutigera comerá todas as arañas que encontre na casa...
Algo é algo, anque daí a telas como mascota, como hai xente que as ten en terrarios...
martes, 31 de mayo de 2011
"Contra os Transxénicos"

http://www.galizasentransxenicos.org/?q=node/6
Os organismos modificados xeneticamente (Oxm´s) obtéñense mediante a enxeñería xenética, que permite crear plantas, animais e microorganismos manipulando os seus xenes.
Nos últimos anos, esta técnica foi utilizada para intentar introducir novas características nos cultivos e, dende fai pouco máis dunha década, seméntanse nalgúns países variedades modificadas xeneticamente (Oxm´s), principalmente soia, millo, algodón e colza.
Por outra parte, os coñecementos científicos actuais non son suficientes para predicir con exactitude tódalas consecuencias da manipulación do novo organismo no que se introduciron xenes estraños, nin a súa evolución e interacción con outros seres vivos unha vez liberado un Oxm´s ao medio ambiente.
Balance da aplicación de OXM´s na agricultura
Tras once anos de cultivo, comprobouse que as sementes modificadas xeneticamente non reportan os beneficios prometidos pola industria biotecnolóxica.
•Contaminacións xenéticas. Contaminación por produtos químicos.
• Perigo para a biodiversidade silvestre e agrícola.
• Erosión dunha agricultura e alimentación libres de transxénicos.
• Danos a labregos e labregas por perda de mercados.
• Conflitos entre labregos e labregas.
• Expulsións do ciclo produtivo dos labregos e das labregas de menor escala.
Os impactos sobre o medio ambiente están cada vez máis documentados:
•Contaminacións de especies silvestres emparentadas.
•Redución da biodiversidade.
•Contaminacións químicas do solo e dos acuíferos.
Porén, os organismos xenéticamente modificados (OXM´s) non aportaron melloras na calidade dos alimentos, senón grandes incertezas sobor da inocuidade dos produtos que conteñen ingredientes Oxm´s, sobre todo a medio e largo prazo.
A utilización da enxeñería xenética na agricultura non pode considerarse unha simple ferramenta de produción. O debate sobre os cultivos MX vai moito máis alá da mera aplicación dunha tecnoloxía nova, e prantexa certas cuestións éticas ca sociedade non pode eludir.
Os/as cidadáns endexamais demandaron alimentos transxénicos.
Nin os demandan hoxe en día.
A súa introdución responde ás estratexias de mercado dunhas grandes empresas que aspiran a facer negocio coa alimentación
A introdución dos Oxm´s na agricultura responde a uns intereses económicos dunhas poucas multinacionais que intentan forzar a entrada dos alimentos transxénicos a pesar do rexeitamento da cidadanía.
No Estado Español cultívanse arredor de 77.000 Ha de cultivos XM, sendo o líder europeo no mesmo, tamén un dos principais exportadores deles.
MENTIRAS TRANSXÉNICAS. Argumentos xenéticamente modificados.
1. Os organismos xenéticamente modificados non contribuíron a aliviar a pobreza nin a fame no mundo.
Ao contrario, as aplicacións comerciais da biotecnoloxía na agricultura están aumentando a brecha que separa a pobres e ricos. A maior parte das colleitas MX destínanse á alimentación gandeira, é dicir, para satisfacer o consumo de carne dos países ricos.
2. Ao igual que no conxunto dos europeos, unha maioría da poboación oponse os alimentos transxénicos. O barómetro español de setembro de 2006, di cos alimentos transxénicos son unha das dúas cuestións relacionadas coa alimentación que máis preocupan aos cidadáns. Temos dereito a saber o que consumimos e a decidir sobre elo, así esa decisión sexa ideolóxica, política ou ética.
3.Redución no uso de produtos tóxicos, as plantas tolerantes ao herbicida permiten aos labregos usar grandes cantidades dos mesmos, a aparición de resistencias nas “malas herbas”, obriga a incrementar o uso dos agrotóxicos, é dicir mais ganancias para as grandes multinacionais dos agrotóxicos.
4.Creación de alimentos con maior calidade nutricional e terapéutica. Ao día de hoxe ningún Oxm´s conten ditas características, máis creanse incertidumes : alerxias, resistencia a antibióticos, maior concentración de agrotoxicos...
UNHA AMEAZA PARA A SAUDE
Alerxias: Está demostrado cos cultivos transxénicos poden introducir nos alimentos novos compostos que provocan alerxias.
As probas as que sométense normalmente, sen embargo, non permiten descubriras súas propiedades alerxénicas.
Toxicidade: A manipulación xenética pode estimular a produción de doses maiores de sustancias tóxicas presentes de xeito natural nas plantas e/o a aparición de compostos novos daniños para a saúde.
Xa está pasando -> O estudo toxicolóxico do millo MON 863 autorizado para consumo humano na Unión Europea Xaneiro 2006 revelaba danos nos riles e anomalías no canteo de glóbulos brancos dos ratos que consumiron este millo transxénico. Os resultados do estudo, que Monsanto intentou manter no segredo declarándollo "información comercial confidencial" para evitar a súa divulgación, non foron investigados a fondo nin repetiron os ensaios para verificala causa das alteracións, consideradas preocupantes por varios comités científicos nacionais.
Resistencias os antibióticos: A maioría dos cultivos transxénicos actuais levan xenes marcadores de resistencia a antibióticos e pode contribuír a creación de bacterias resistentes, dificultando o tratamento das enfermidades infecciosas.
Xa está pasando -> En Agosto 2004 a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria recomendou a retirada do millo insecticida resistente a ampicilina, cultivado no estado español dende 1998, polos seus riscos para a saúde. A autorización de sementeira no estado español foi derrogada en Xuño 2005, un ano despois, mais non se tomaron medidas para retirala colleita, nin se revocaron o permiso de comercialización europeo
Novas enfermidades: A profusa utilización de virus e bacterias (ou de elementos procedentes de virus e bacterias) no proceso de manipulación xenética das plantas pode contribuír a creación de novas enfermidades e supón un grave risco para a saúde humana.
Xa está pasando -> O "salto" dun virus da gripe aviar o ser humano evidencia a importancia que ten a barreira das especies e a ameaza que supón a posibilidade -por moi remota que sexa- de ca inxeniería xenética poda activar virus latentes ou axudar a outros a saltar unha defensa que é crucial para os seres vivos.
O mercado transxénico apóiase na obtención de patentes e no cobro de dereitos sobre a utilización das sementes . Está en xogo nada menos co control da agricultura e a alimentación nunhas poucas mans, o que pode conducir a unha situación moi perigosa para a independencia e supervivencia de pobos, países e do conxunto da Humanidade.
Non debemos permitir ca nosa riqueza pase as mans das grandes multinacionais nin a nosa cultura, temos que ser capaces de manter a nosa independencia o máximo posible do ataque da globalización do noso pais, e de autoxestionar a nosa economía e alimentación.
A soberanía e a nosa seguridade alimentaria dependen da nosa biodiversidade e da riqueza dos nosos pobos coma consecuencia da sabedoría e os coñecementos transmitidos de xeracións en xeracións.
O mantemento dunha agricultura libre de transxénicos é indispensábel perante dos moitos interrogantes en termos de rendemento, de problemas ambientais, ou de saúde, dos cultivos manipulados xenéticamente.
De aí a esixencia irrenunciábel de que se aplique o principio de precaución e a Cláusula de Salvagarda. Dita clausura está prevista no articulado 23 da Directiva 2001/18/CE. Fixa que se un estado ou rexión dispón de nova información que certifica que un determinado transxénico supón riscos para a saúde humana e o medio ambiente poderá restrinxir ou prohibir provisionalmente no seu territorio o uso ou a venda do mesmo.
Esiximos o dereito a Soberanía Alimentaria, entendendo como tal o dereito a elixir sobre que tipo de alimentación queremos consumir, quen a vai producir, como e donde vaise cultivar e na elección das políticas agrarias que nos afectan como Pobo.
Non esquezamos que a declaración universal dos dereitos humanos considera a alimentación e ao benestar nutricional como un dereito fundamental das persoas.
O mundo necesita enfoques agrícolas sostíbeis, é hora de que os gobernos e os especialistas adiquen as súas enerxías e recursos a desenvolver tecnoloxías e políticas compatíbeis coa protección do medio ambiente, unha produción segura e de calidade e un reparto xusto entre tódolos seres humanos.
martes, 26 de abril de 2011
domingo, 24 de abril de 2011
"Como nos vai afectar o pesadelo nuclear xaponés"
O vídeo contén un extracto da rolda de prensa dada pola Doutora Helen Caldicott sobre os perigos da enerxía nuclear e da guerra nuclear, que inclúe unha análise da crise en Xapón. A rolda de prensa produciuse en Montreal, Canadá, o 18 de marzo de 2011. A doutora é unha autora recoñecida, médico e co-fundadora de Médicos para a Responsabilidade Social. Adicou 38 anos a unha campaña internacional sobre os perigos médicos da era nuclear e aos cambios necesarios paraparar a destrucción medioambiental. Déixovos a traducción ao galego do que di neste video.Dá pánico.
"En primeiro lugar, quero presentar isto. Está producido pola Academiade Ciencias de Nova Iorque e é un informe sobre Chernobyl. Pódese descargar (da rede). Están traducidos do rsoao inglés,por primeira vez, 5000 artigos. Parece que arredor de un millón de persoas xa morreron como resultado de Chernobyl, a pesar do que a Organización Mundial da Saúde e a Axencia Internacional da Enerxía Atómica din. Este é un dos máis monstruosos enganos na historia da medicina. Todo o mundo o debería saber.
Entón, extrapolando a Xapón. Xapón é, en termos de magnitude, moitas veces peor que Chernobyl. Nunca na miña vida pensei que seis reactores nucleares estarían en perigo. Coñecín aos tres enxeñeiros da General Electric que axudaron a deseñar eses "Mach 1" reactores da General Electric. Despedíronse porque sabían que eran perigosos. Xapón construíunos nunha falla sísmica.
Os reactores aguantaron o terremoto parcialente, pero o subministro externo de electricidade foi cortado. O submiistro exterior de electricidade provee de auga de refrixeración- tres millóns setecentos oitenta e pico mil litros por minuto a cada un dos seis reactores. Sen o sistema de refrixeración, a auga baixa e as barras de combustible quéntanse tanto que se derreten, coma en Three Mile Island e Chernobyl.
Os xeradores diesel de emerxencia, que son tan grandes coma unha casa, foron destruídos polo tsunami. Portanto, non houbo maneira de manter a auga circulando nos reactores. Ademais, no teito dos reactores, non dentro das vasillas contedoras, hai piscinas refrixerantes. Cada ano, quítanse arredor de 30 toneladas das barras máis radiactivas que vos poidades imaxinar. Cada unha mide 3,66 mts de longo e 1,27 cms de groso. Desprende tanta radiación, coma os raios X, que se te quedas perto dela durante un par de minutos, morres; non caes morto, súbitamente... lembrádesvos de Litvinenko, o ruso que foi envelenado por polonio? pois mórrese así, co pelo caéndoseche, con hemorraxias mortais, e unha morte por infección masiva, como morren os pacientes de SIDA. Estas barras están extremadamente quentes, así que están dentro dunhas grandes piscinas, continuamente refrixeradas. As piscinas, agora mesmo, non teñen teito.
Producíronse tres explosións de hidróxeno que se levaron por diante o tellado do edificio, non a vasilla contedora do nucleo, senón o teito, expoñendo a piscina refrixeradora. Dúas das piscinas están secas; non hai auga nelas, o cal quer dicir que as barras están só cobertas cun material chamado zirconio. Cando o zirconio é exposto ao ar, quéimase, arde.
Dúas das piscinas refrixerantes, neste momento, están incendiadas. Nas piscinas de refrixeración hai moitas veces máis radiación que no nucleo do reactor, coma 10 ou 20 veces máis. En cada nucleo de reactor hai tanta radiación de longa duración coma a producida por 1000 bombas do tamaño dasde Hiroshima. Estamos tratando con enerxía diabólica. E=mc2. Trátase do tipo de enerxía utilizada nas bombas nucleares!
Einstein dixo que a enerxía nuclear é unha maneira perversa de ferver auga
, porque é para iso para o que se usa, para ferver auga usando a enorme cantidade de calor producido, convertelo en vapor de auga e mover a turbina que xera a electricidade.
Ao fisionarmos o uranio, fórmanse 200 novos elementos, todos moito máis velenosos para o corpo do que o é o uranio orixinal, a pesar de que o uranio xa é bastante velenoso. América usouno en Fallujah e Bagdag. En Fallujah,o 80% dos bebés nacen seveiramente deformes: sen cerebro, cun só ollo e sen brazos. Os médicos estan a dicirlles ás mulleres que paren de ter nenos. Hai 12 veces máis de cancro infantil... Isto é xenocidio!. Trátase dunha guerra nuclear levada a cabo en Irak. O uranio alí usado dura máis de 4.5 billóns de anos, así que estamos contaminando o berce da civilización. A "Coalición da vontade"(http://es.wikipedia.org/wiki/Coalici%C3%B3n_de_la_voluntad)...
Nas plantas nucleares, porén, hai unha enorme cantidade de radiación. Algunha dura segundos, algunha millóns de anos. O iodo radiactivo dura 6 semanas. Causa cancro de tiroides. Por iso se lle di á xente que tome iodo potásico, que satisfai a demanda de iodo, bloqueando a absorción do iodo radiactivo. En Chernobyl, sobre 20.000 persoas desenvolveron cancro de tiroides. Operóuselles de tiroides, co cal están condeados a tomar pilulas de hormona tiroidea a diario, coma un diabético ten que tomar insulina.
Liberarase Estroncio 90. Dura 600 anos. Vai aos ósos, onde causa cancro de ósos ou leucemia.
Liberarase Cesio, que dura 600 anos. Está por toda Europa. O 40% de Europa aínda é radiactiva. A comida turca aínda é radiactiva: non merquedes albaricoques ou melocotóns deshidratados, nin avelás turcas... Os turcos estaban tan enfadados cos rusos que lles mandaron toda a súa produción de te radiactivo a Rusia, despois do de Chernobyl
!
Pero, o 40% de Europa aínda é radiactivo. As granxas enGran Bretaña: hai granxas tan cheas de cesio que nonas poden vender! Non comades alimentos europeos!
Pero iso non é nada comparado co que está acontecendo agora. Un dos máis mortíferos é o plutonio, denominado así polo deus Plutón, deus do Submundo. Unha millonésima de gramo, de ser inhalada, produce cancro. Hipotéticamente, 450 gramos distribuídos homoxéneamente, provocaríanlle cancro a todas a humanidade. Cada reactor contén 250 kilogramos de plutonio. Só se precisan 2.5 kilogramospara facer unha bomba, porque o plutonio é do que se fan as bombas!
Así que calqueira país que ten un reactor, é do voso uranio (referíndose a Canadá). Vós sodes os maiores exportadores de uranio no mundo- Cameco. Canadá vende dúas cousas: trigo, para a vida, e uranio, para a morte.
Haberá fugas de plutonio e extenderanse por todo o Hemisferio Norte. Xa se dirixe a Norte América agora, xunto co iodo radiactivo 129. A súa vida media é de 17 millóns de anos; máis o estroncio, máis o cesio, máis o tritio.. e podería seguir e seguir e seguir...
Ao chover, a chuvia é radiactiva, e concéntrase nos alimentos. Vai ao mar; as algas concéntrana centos de veces. Logo, os crustáceos, concéntrana centos de veces, despois aos peixes pequenos; destes aos grandes, e logo, a nós, que estamos no final da cadea alimentaria.
Estes elementos radiactivos dos que falamos non se poden ver nin ulir. Son silenciosos; cando entran no teu corpo, non caes morto de repente por causa do cancro.
Leva de cinco a sesenta anos desenvolver o cancro. Cando notas o cancro, non sabes que é provocado por un pouco de estroncio 90 que comiches nun anaco de peixe 20 anos atrás...
Toda a radiación é nociva. É acumulativa e cada dose que tomas aumenta o risco de cotraer cancro. O Americio, que é máis perigoso que o Plutonio... Podería seguir e seguir...
Que contraias un cancro depende de que chova... cando se produce chuvia radiactiva, a radiación vai directa aos cultivos. Non comas! E quero dicir, non comas en 600 anos!
!!
Os residuos radiactivos das plantas nucleares van ser enterrados, escoitei, perto do Lago Ontario. Haberá fugas que durarán millóns de anos; irán á auga e á cadea alimentaria... Os residuos inducirán epidemias de cancro, leucemia e enfermidades xenéticas indefiidamente. Este é a maior ameaza para a saúde pública de toda a historia, aparte da ameaza diaria de guerra nuclear.
Einstein dixo que a partición do átomo cambiouno todo, agás a maneira de pensar dos humanos. Moi profundo.
Somos arrogantes, temos moita hibris, e eu penso que a metade reptiliana do cerebro dalgúns homes é patolóxica. Estamos agora nunha situación na que dominamos a enerxía solar. Está totalmente fora de control, e, simplemente, non hai nada que poidamos facer".
lunes, 11 de abril de 2011
Osteopatía en Vigo: Pablo Losada Crespo"
Antes de optar por unha "solución" drástica para tratar de solucionar os problemas de saúde, paga a pena probar a visitar a un osteópata oficial (debe estar inscrito no rexistro ROE, Rexistro de Osteóptatas de España), que ademais será probablemente fisioterapeuta e que pode tratar calqueira tipo de problema de saúde: dende hernias discais ata asma pasando polos cólicos do lactante.
Os meus problemas de costas teñen que ver cunhas discopatías bastante severas, que a xuízo dos medicos "oficiais" só teñen solución cirúrxica e farmacolóxica, así que prefiro seguir estando ben visitando a Pablo cada vez que me encontro mal.
Recomendado de veras para quen viva máis ou menos perto de Vigo. Para outras provincias, visitar a páxina do ROE e buscar alí (http://www.osteopatas.org/inicio.php)


