Fai anos que atopei unhas fotografías que me obsesionaron por moitos tempo. Poida que fose unha reportaxe sobre Man Ray, o famoso fotógrafo, ou sobre Meret Oppenheim, unha das súas musas, que fixo de modelo para él en tantas ocasións. O caso é que non lembro se a reportaxe era sobre un ou sobre a outra. Recortei as fotografías da revista e pegueinas no meu cuarto. Cando mudei de casa mudaron comigo tamén aquelas fotos. Esta é unha delas. Din con ela logo de moitos anos. Anda por aí unha exposición fotográfica adicada a Man Ray e en canto vin os carteis anunciándoa dinme conta que aquelas fotos do meu cuarto debían pertencer a este home, polo seu estilo inconfundible. Alédome deste reencontro. Tamén me aledo de ter redescuberto a Meret.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario