Onte deixounos nunha fría mesa metálica de consulta de veterinario. Eu chorei amargamente por non ter mellor decisión que tomar cá de axudarlle a non seguir sufrindo tanto. Só fun quen de mirar o seu corpiño inmóbil, xa sen vida. Os ollos abertos cara o infindo da morte magoáronme a alma.
A miña cadela e eu pasamos moitos anos xuntas, dende aquel día en que chegou a nós, pequechiña e deslumbrante, co seu fuciño rosa e o seu rabiño encoscado, como se dunha sorte de porquiño se tratase.
A miña cadela vivíu á par miña os tempos bos e malos que nos tocaron. Xa non volverá aledarnos o día co seu implacable optimismo. Un pouco de min ficou perdido naquela mesa fría e metálica.
1 comentario:
Ruli debeu ser o primeiro can ó que Borja non lle tivo medo. Para nós Simplemente está na "outra beira".
Publicar un comentario