Eis unha fotografía tomada na pasada fin de semana no bosque de piñeiros que medran ao pé das dunas de Camarido. Trátase dun bosque enorme, ben coidado e limpo, atravesado por varias pistas forestais, e percorrido por camiñantes varios que atopan á beira do Atlántico este lugar privilexiado. Dicir que está xusto onde o Miño morre nas augas atlánticas, e que mira de fronte á Fortaleza de Nossa Senhora da Ínsua; tamén hai unha vista privilexiada do Santa Trega dende a Praia de Camarido, que se enche de bañistas no verán e que agora é só visitada por quen vai admirar as postas de sol invernías, que alí son espectaculares.
Hai un cámping ben equipado e situado, e tamén un restaurante dende o que se pode contemplar todo o esteiro do río e degustar uns riquísimos pratos, que estes días inclúen lamprea, collida alí mesmo, nesta época en que as lampreas fan a viaxe de volta ás súas orixes fluviais para se reproduciren.
Quería compartir convosco este estupendo descubrimento, xa que é un lugar paradisíaco ao que vale a pena ir en calqueira momento do ano.
4 comentarios:
Minha Cara Amiga:Muito obrigado pela foto que publicou.Percorri vezes sem conta esse caminho,fartei-me de comer camarinhas(são elas que,paradoxalmente,dão o nome ao pinhal),participei em inúmeros piqueniques familiares,quando veraneávamos em Vila Praia de Âncora.O meu avô materno,Manuel Serer Vicens,exilado em Portugal e muito amigo do Dr.Darío Álvarez Limeses(miseravelmente fuzilado numa fria madrugada),esteve para comprar uma casa nessa praia,de onde se avistava a mancha verde do Pinhal do Camarido.Vou parar,porque estou emocionado.Não visito esses lugares há cerca de 23 anos.Uma vez mais,muito obrigado pelo belíssimo presente que me ofereceu.E um Abraço!
Ah António: vostede fala do pai de Xosé María Álvarez Blázquez, un dos intelectuais galegos máis imprescindibles , a quen fai dous anos se lle adicou o Día das Letras Galegas, 2008. Darío Álvarez Limeses, seu pai, alcumado "o médico dos pobres", foi fusilado en Tui no 1936, de madrugada, como acostumaban a asasinar os fascistas deste país... A familia enteira tivo que abandoar Tui, pola presión terríble que sufría por parte dos franquistas. Xosé María non voltou pór un pé na vila, a pesares de que máis adiante viviu por moitos anos en Vigo... Ah, agora si que me emociono eu, a pensar na brutalidade da que son capaces as persoas...
Mais fico moi leda de saber que gostou da fotografía. É un lugar marabilloso, anque eu non vin por lado ningún as camarinhas. Se cadra xa non hai... Fixareime a próxima vez.
Abrazo tamén para voçé.
Aqui tão perto.... e não me ligas-te??? ai ai ai
Ah Sofía, desculpa mas visitamos a uns amigos que pasavam férias no cámping. Tamén nao pensei que estariao cá, ja que foi en día de férias de carnaval...
Ocasioes nao faltarao de nos juntar!
Beijinhos para todos.
Publicar un comentario