seguro que lembras o tacto suave do coello, o latir rápido do seu corazonciño. seguro que lembras o que pensaba a túa cabeciña mentres ollabas cara a quén tiña a cámara e gardou apreixadiña no papel aquela nena, para que tí a lembres, para que tí no la ensines.
estíven a reparar polo miudo na fotografía, e estou pensando eu que esa nena vai demasiado "moderna"! a ver se xa dei por feito que eras tí, e vai ser a túa filla!
en calquera caso, apreixadiña queda, e algún día sería ela a que recordaría o instante ¿non si?
Si,Zeltia, son eu... ou ERA EU. Non sei ata que punto o que somos agora ten algo que ver, no físico, co que fomos algún día. Non din que as nosas células renóvanse non sei cantas veces ao longo da vida(agás as neuronas)? En caso de así ser, explicaría por que vexo tan lonxana aquela miña infancia. Bótoa tanto de menos, que ás veces gustaríame poder voltar a ela, como facía a miña avoa, aos seus oitenta e tantos, quen se instalou permanentemente na súa infancia, da que falaba coma se fose momento presente. Se cadra, cando eu teña demencia senil ou alzheimer ou algo diso, volvo sentir o bater daquel corazonciño asustado, ou choutar nas poceiras do camiño; ou, simplemente, deitar a cabeza no colo da miña nai, mentras ela me acariña a cabeza, cousa que me producía un pracer case orgásmico; ou, quen sabe se a vella-nena que eu serei, na miña demencia, volve facer campaña electoral polo medio do horteiro, pedindo os votos dos cueiros presentes. Quen sabe quen calcetou esa saia verde para min... e quen teceu esa chaqueta. A cámara sostíñaa a irmá adorada, a irmá que viña vernos ós sábados, procedente da cidade (o país das marabillas), onde estudaba, traballaba e que sei eu que máis. A irmá idolatrada, a que traía libros, gomas de saltar, pinturas e cadernos; Cantos anos da miña vida quixen ser ela, deixando de ser eu!!! Ata xogaba a marchar para a cidade e despedirme como ela o facía, maleta en man... Como dicía un dos irmáns Panero, creo que Leopoldo, un dos mellores poetas da literatura española (encerrado nun psiquiátrico), "Na infancia vivimos, despois sobrevivimos".
eu tamén penso que a infancia é unha etapa da nosa vida que nunca, nunca esquecemos, e parrafadas psicolóxicas aparte, é verdade que nela confígurase o noso ser de adultos. por iso é inesquecible, queda aí dentro de nós, a nena ou o neno que fomos. mais, non penso eu coma tí e mais coma Panero, porque ás veces na infancia tamén se sobrevive, co empurre da propia vida que pule por seguir adiante, ca forza vital que só teñen os cativos convivindo coa sua vulnerabilidade. ou se cadra tedes razón: ata das infancias dos supervivintes, quedan recordos de ledicia e felicidade.
A verdade é que case que non se pode negar que eres ti a nena da foto; tes esa mesma expresión, aínda que me descoloca un pouco ese cabelo tan loiro... A "paisaxe" da fotografía e as cores lémbranme a retratos que eu tamén teño da miña infancia, e que por certo bótoa moito de menos, coma ti.
María del Puerto! Como me aleda atoparte por aquí, compañeira! Agardo que todo estea ben por aí. Tamén botas de menos a meniña que fuches? somos da mesma xeración,creo, e claro, as cores eran as mesmas cando nos tocou ser nenas, e as feituras da roupa, e os peiteados... Apertas
8 comentarios:
seguro que lembras o tacto suave do coello, o latir rápido do seu corazonciño.
seguro que lembras o que pensaba a túa cabeciña mentres ollabas cara a quén tiña a cámara e gardou apreixadiña no papel aquela nena,
para que tí a lembres,
para que tí no la ensines.
estíven a reparar polo miudo na fotografía,
e estou pensando eu que esa nena vai demasiado "moderna"!
a ver se xa dei por feito que eras tí, e vai ser a túa filla!
en calquera caso, apreixadiña queda, e algún día sería ela a que recordaría o instante ¿non si?
Si,Zeltia, son eu... ou ERA EU. Non sei ata que punto o que somos agora ten algo que ver, no físico, co que fomos algún día. Non din que as nosas células renóvanse non sei cantas veces ao longo da vida(agás as neuronas)? En caso de así ser, explicaría por que vexo tan lonxana aquela miña infancia. Bótoa tanto de menos, que ás veces gustaríame poder voltar a ela, como facía a miña avoa, aos seus oitenta e tantos, quen se instalou permanentemente na súa infancia, da que falaba coma se fose momento presente. Se cadra, cando eu teña demencia senil ou alzheimer ou algo diso, volvo sentir o bater daquel corazonciño asustado, ou choutar nas poceiras do camiño; ou, simplemente, deitar a cabeza no colo da miña nai, mentras ela me acariña a cabeza, cousa que me producía un pracer case orgásmico; ou, quen sabe se a vella-nena que eu serei, na miña demencia, volve facer campaña electoral polo medio do horteiro, pedindo os votos dos cueiros presentes.
Quen sabe quen calcetou esa saia verde para min... e quen teceu esa chaqueta.
A cámara sostíñaa a irmá adorada, a irmá que viña vernos ós sábados, procedente da cidade (o país das marabillas), onde estudaba, traballaba e que sei eu que máis. A irmá idolatrada, a que traía libros, gomas de saltar, pinturas e cadernos; Cantos anos da miña vida quixen ser ela, deixando de ser eu!!! Ata xogaba a marchar para a cidade e despedirme como ela o facía, maleta en man...
Como dicía un dos irmáns Panero, creo que Leopoldo, un dos mellores poetas da literatura española (encerrado nun psiquiátrico), "Na infancia vivimos, despois sobrevivimos".
eu tamén penso que a infancia é unha etapa da nosa vida que nunca, nunca esquecemos, e parrafadas psicolóxicas aparte, é verdade que nela confígurase o noso ser de adultos.
por iso é inesquecible, queda aí dentro de nós, a nena ou o neno que fomos.
mais, non penso eu coma tí e mais coma Panero, porque ás veces na infancia tamén se sobrevive, co empurre da propia vida que pule por seguir adiante, ca forza vital que só teñen os cativos convivindo coa sua vulnerabilidade.
ou se cadra tedes razón:
ata das infancias dos supervivintes, quedan recordos de ledicia e felicidade.
A verdade é que case que non se pode negar que eres ti a nena da foto; tes esa mesma expresión, aínda que me descoloca un pouco ese cabelo tan loiro...
A "paisaxe" da fotografía e as cores lémbranme a retratos que eu tamén teño da miña infancia, e que por certo bótoa moito de menos, coma ti.
Muito lindo o que escrebeste no comentario.
Bjs.
María del Puerto! Como me aleda atoparte por aquí, compañeira! Agardo que todo estea ben por aí. Tamén botas de menos a meniña que fuches? somos da mesma xeración,creo, e claro, as cores eran as mesmas cando nos tocou ser nenas, e as feituras da roupa, e os peiteados...
Apertas
Mel, alédome que che gustase. saúdos
Publicar un comentario