Hai causas que paga a pena defender, e esta é unha delas. Como é que hoxe me deu por lembrar que no Tibet, o teito do mundo, hai uns cinco millóns de persoas sometidas a un xenocidio cultural e social por parte das autoridades e poboación chinesas, é algo doado de explicar: ás veces, a televisión emite algo máis que programas lixo, e hoxe foi unha desas veces, así que vendo "La Noche Temática", na 2ª, puxéronseme os pelos como escarpias ao escoitar como hai un soldado chinés por cada vinte tibetanos na cidade de Lhasa, cuxa misión básicamente é asegurar que aquela poboación se somete ao brutal proceso de destrucción dun dos pobos máis antigos e admirables do mundo. Esterilización forzosa, detencións arbitrarias, torturas inimaxinábeis e asasinatos en masa, son só algúns dos aspectos que se explicaron sobre a realidade cotiá no Tibet.
Tanta carraxe me deu que non podía menos que deixar aquí o meu berro de indignación e o meu sentimento de solidariedade con aqueles meus irmáns.
5 comentarios:
Cantas inxustizas se espetan na alma de centos de miles de humanos nesta esfera de paixóns, goces e perigos. Por veces, cando observamos tanta opresión e miseria, fainos parecer a "sorte" que temos de vivir no noso pobo/vila/cidade. So os máis sensibles vos decatades axiña que neste planeta esférico todos somos veciños!!!.
Un bico
Lembro a meu pai dicir que se hoxe houbese unha guerra civil neste país, sería aínda máis cruenta que as anteriores, xa que neste século hai menos coesión social que nunca, o cal faría que os odios e as vinganzas serían brutais.
Claro que temos sorte, de momento, de non vivir o que viven os tibetáns e os habitantes de tantos outros lugares do mundo onde a vida humana nada vale, pero non podemos menos que pór atención ao que acontece e manifestar a nosa solidariedade e apoio, por aquilo de darlle a maior relevancia posible.
E logo, cando algún xuíz honesto, valente e coerente se decide a facer algo de xustiza mirade o que lle pasa nun país coma este. Quen os falanxistas e ultradereitistas deste país sigan mandando tanto, manda carallo.
No seu día, tiven a ocasión de asistir ao desenterramento dos ósos dunha víctima da guerra civil española. Os traballos levaron todo o día, e alí estivo a familia, agardando poder levalos con eles.
Poucas inxustizas coma a de seguir tendo as cunetas cheas de mortos, como temos neste país, e non facer os esforzos necesarios para reparar esta grande afrenta ós vencidos.
Como non nos hemos sentir irmáns e veciños dos que sofren, lonxe ou perto?
apertas
Proída,
paréceme que che ha gustar botarlle un vistazo a estas imáxes e vídeos que foron manipulados por prestixiosos referentes da nosa prensa occidental. Sería co fin de sensibilizar-nos contra o pobo chinés e as súas falcatruadas,
que non as vou negar eu,
pero que me manipulen e me reconduzan supostos medios supostamente críbles e veraces, xa che me gusta menos.
Deixoche o enlace, por se che interesa ir velo.
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=65420
Non me cabe dúbida de que os medios periodísticos pagados polos gobernos europeos e norteamericano, aproveitará cada vez que poida a situación en China para tratar de desprestixiar aquel goberno e aquel país, ao que tanto se lle teme pola súa brutal capacidade de expansión económica e social, mais os feitos son que o Tibet, históricamente unha rexión independente tanto da India como da China, foi invadida brutalmente e máis de cen mil persoas fuxiron á India, onde a día de hoxe, logo de tantos anos, permanecen no exilio. Certo tamén que os tibetáns son xente moi pobre e que vive en condicións incríbelmente duras e que non teñen acceso aos medios de comunicación e moito menos á capacidade para os manipular; pola contra, os medios de comunicación son os únicos aliados cos que poden contar se queren volver ter un territorio no que vivir e conservar a súa cultura e relixión, xa que a China, cun formidable exército e cuns intereses polo visto aínda máis formidables naquela zona do planeta ( polo visto pénsase que hai unha grande bolsa de petróleo ao que se accederá a medida que os glaciares se vaian derretendo, proceso que se acelerou enormemente nos últimos anos), é difícil que , por propia iniciativa, delvolva aqueles territorios ou, polo menos, e como pide o Dalai LAma, ceda os territorios baixo algunha forma de autonomía.
Quen sabe.
Teño amigos que viaxaron aló, e eu mesma teño esa viaxe coma unha das miñas metas, e a realidade é a dunha xente ao borde da subsistencia cunha das culturas máis ricas e antigas do mundo, de base relixiosa, á que a grande China podería non estar respectando.
Que familiar soa todo...
Grazas polo enlace, mireino, si, e é moi interesante ver como se poden manipular as noticias.
Teño simpatía por este pobo asoballado e gústame a súa, xeralmente, resistencia pacífica. Que o Dalai Lama deixe de ser o líder político (para que este sexa elexido democraticamente) e fique só como líder espiritual é unha moi boa nova, que pon fin ao réxime teocrático e profundiza na democratización do exilio. R.C.L.
Publicar un comentario