martes, 27 de abril de 2010

"Land Art no colexio"







Hoxe os meus alumnos e eu, en colaboración cos nenos de catro anos e a súa mestra (cada semana xuntámolos a todos para traballaren xuntos ), decidimos pórnos máis criativos do habitual e probamos a transformar o abandoado terreo que hai á volta da escola nun espazo artístico privilexiado, utilizando os materiais que por alí había e algo de pintura de dedos para pintar no tronco dos piñeiros ao estilo "ibarrola"...
Pasárono bárbaro e aprenderon que con pouca cousa se pode crear beleza e divertir moito.
Que vos guste.

Land Art
Origem: Wikipédia, a enciclopédia livre.


Spiral Jetty, vista de Rozel Point, Abril de 2005A Land Art, também conhecida como Earth Art ou Earthwork é o tipo de arte em que o terreno natural, em vez de prover o ambiente para uma obra de arte, é ele próprio trabalhado de modo a integrar-se à obra.

A Land Art surgiu em finais da década de 1960, em parte como consequência de uma insatisfação crescente em face da deliberada monotonia cultural pelas formas simples do minimalismo, em parte como expressão de um desencanto relativo à sofisticada tecnologia da cultura industrial, bem como ao aumento do interesse às questões ligadas à ecologia. O conceito estabeleceu-se numa exposição organizada na Dwan Gallery, Nova York, em 1968, e na exposição Earth Art, promovida pela Universidade de Cornell, em 1969.

É um tipo de arte que, por suas características, não é possível expor em museus ou galerias (a não ser por meio de fotografias). Devido às muitas dificuldades de colocar-se em prática os esquemas de land art, suas obras muitas vezes não vão além do estágio de projeto. Assim, a afinidade com a arte conceitual é mais do que apenas aparente.

Dentre as obras de land art que foram efetivamente realizadas, a mais conhecida talvez seja a Plataforma Espiral (Spiral Jetty), de Robert Smithson (1970), construída no Grande Lago Salgado, em Utah, nos Estados Unidos da América.

Principais artistas
Robert Smithson (1938-1973)
Sol LeWitt (1928)
Robert Morris (1931)
Carl Andre (1935)
Christo & Jeanne-Claude (ambos nascidos em 1935)
Walter de Maria (1935)
Dennis Oppenheim (1938)
Richard Long (1945).

"Traballando os mitos gregos"











A semana pasada traballamos o mito de Psique e Eros e este é parte do resultado, o máis vistoso. Agardamos que vos guste, igual que nos gustou a nós aprender algo de cultura clásica, literatura, historia e arte.





domingo, 25 de abril de 2010

"xenofobia e discriminación no sistema educativo? - Para min que si..."

















No país onde todo era ao revés, aqueles que se tiñan por máis progresistas eran os máis retrógrados e menos tolerantes. Xusto como no noso!

martes, 13 de abril de 2010

" Hoxe pola tarde"

Que boa tarde a de hoxe á beira do Río!
Logo de pasar pola horta ecolóxica de Edgar e mercarlle algunhas leitugas, puerros, ovos, coliflor, e algún outro tesouro cultivado con mimo e dedicación por unhas mans mutiladas pola pólvora aló nun máis ou menos lonxano pasado valenciano, decidín, hoxe si, dar con certa taberna-restaurante chamada "O Lagar en Eiras", e que se me ven resistindo últimamente até o punto de ser incapaz de alí chegar. Por iso, unha vez collín a miña caixa chea de verduras recén collidas, e me despedín até a semana que ven, enfiei o camiño que leva á Guarda; non a estrada xeral, senón outral alternativa que discorre paralela ao Río e que polo visto escondía ao famoso Lagar. A sorpresa foi maiúscula ao descubrir unha fermosísima paisaxe, chea de árbores distintas dos meus odiados eucaliptos; casas de certo bo gusto e algún coidado no urbanismo, cousa que en modo algún acontece cando un viaxa pola estrada atravesando Tomiño e adentrándose no Concello do Rosal. Anque, todo hai que recoñecelo, o do Rosal é, polo que vin de momento, o concello que máis bonito e ordeado loce de todos os do lado galego do Río.
O caso é que conducín devagar, co vidro baixado, e logo dalgún tempo de dar voltas admirando este e aqueloutro recuncho da parroquia de Eiras, na que hai unha praíña fluvial, decidín preguntar a un señor metido a construtor de muros que traballaba no exterior da súa finca con toda a calma do mundo. Logo de me indicar máis ou menos a ruta que tiña que seguir, deume pena porque realmente estaba disfrutando da recén descuberta paisaxe, cousa que tería que deixar de facer para me concentrar en chegar á dichosa Taberna que tanto se resiste a ser encontrada. Como diantre pensan os seus donos que han ter clientes se non colocan algún indicador para dar pistas de como chegar alí?
Pois non foi suficiente coas indicacións do bo señor, que, por certo, me respostou que "España é toda bonita" cando lle dixen o bonito que me parecía o val. Discrepando profundamente coa súa resposta -non hai máis que pasarse por Porriño-, foi que me tiña encamiñado en dirección ao meu destino, mais direivos que tiven que preguntar unha vez máis -froito da ausencia total de indicadores neste noso país, onde todo está pensado para quen XA sabe onde están as cousas-, a unha rapariga que, empolincada nun muro cal fose o Humpty Dumpty de Eiras, me respostou, en perfecto castellano, variante do Rosal, que tiña que subir por un cercano "callejón".
En fin, o de menos é dicirvos que aínda tiven que preguntar por terceira e última vez a certo propietario de certo chalete de certo porte, quen, alarmado polas miñas pasadas en distintas direccións, decidiu personarse no camiño para me indicar o verdadeiro e único camiño que levaba ao coñecidísimo Lagar en Eiras, sen deixar de me advertir previamente que "teñen uns horarios raros".
Media preocupada por esta última afirmación, e decidida totalmente a dar co lugar anque non fose máis que para probarme a min mesma que incluso con ausencia total de indicacións o máis burro é capaz de chegar a Roma, orientei o meu clío branco repintado por un "callejón" abaixo.
Efectivamente, os horarios deste local son algo raros, e nin cando chamo por teléfono, nin cando me personei en persoa din cos seus propietarios, a quen simplemente lles teño que facer unha simple consulta. Puiden, alén de todo, saudar un gatiño que acudiu amable ao meu coche por saber se quería algo.
En fin, que frustrada dobremente, polas dificultades en atopar o lugar, e por atopalo fechado, conseguín saír daquel "callejón", como dixo Humpty, e voltar sobre as miñas rodeiras en dirección, esta vez, a Goián, parroquia de Tomiño, concello gobernado polo BNG, para máis indicacións.
Desta volta comprendín o segredo das flores: se o Rosal é un produtor de flores dos máis importantes, onde é que están os viveiros e os invernadoiros? equili qua: á beira do Río, agochados para quen conduce pola estrada xeral, mais ben á vista hoxe mesmo para quen escribe, que con ollos ben abertos, esculcou a descoñecida paisaxe.
Chiringuitos fechados, casas fechadas, abondosa maleza e camiños que levan ao Río íanse sucedendo alternándose cos viveiros e "estufas" ( en portugués, invernadoiros) adicados á produción de plantas ornamentais. Deste xeito fun dar a.... ó embarcadoiro de Goián!!!! Atención porque tiña ollado centos de veces o tal embarcadoiro dende o lado portugués e nunca até hoxe souben como se ía!
Pois alí aparquei o carro, nun lugar indicado para elo e baixei, teléfono en man, para tomar a foto que vos deixo hoxe.
Un señor miraba, soñador, para a beira portuguesa, e de reollo, para min. Entretívenme ollando ao antigo transbordador, hoxe convertido en café; ao parque, hoxe cheo de ruidosos rapaces; ás vías do tren, polas que de cando en vez pasa a vella máquina seguida duns cantos vagóns; á antiga fortaleza do fundador Rei Dom Dinís de Portugal, e, como non, á miña querida Quinta das Mineirinhas.
Pasáronse os minutos e pensei que podería ficar toda a tarde, xa que Cerveira é coma un escaparate, vista dende calqueira lado. Rebule de vida e loce esplendor. Tan coidada, tan mimada, diría eu! O Río, tan admirado! E o Veado, alá na Cima, vixiante cara ao lado galego.
O señor á miña beira, ollaba co mesmo embeleque. Achegueime a el e díxenlle: "Que vivo está aquilo e que morto isto, non si?" Ah! Dinlle onde máis lle doía, onde máis me doe a min: aquel home de mediana idade e saúde delicada, segundo el mesmo me confesou, ollaba para o lado portugués preguntándose cal é a diferenza, cal é o obstáculo que nos impede aos do lado galego dárlle vida tamén ás marxes do Río, convertirlo nunha grande fonte de entretemento, unha fonte económica e paisaxística, un espello no que mirarse e unha ponte sobre a que cruzar dunha beira para a outra.
Falou da incapacidade de quen nos goberna, da nosa tradicional falta de bo gusto na construcción, do abandono do territorio, do deterioro do medio natural. Falamos do Vial que pasará dende A Guarda e que invariablemente destruirá a paisaxe, pase por onde pase; falamos do incremento importante das relacións entre as dúas beiras que supuxo a construcción da ponte Internacional, fai xa uns cinco anos, anque tamén trouxo a fin das viaxes do transbordador, que tan ben loce agora convertido en bar. Falamos, finalmente, da mágoa que dá non sermos capaces de copiar o bo dos nosos irmáns lusos. Falou con cariño deles, cun sentimento de grande irmandade.
E eu, marchei cun duplo sentimento: de ledicia, ao ter atopado conversa amistosa á beira do Río mentras contemplaba a miña patria portuguesa, e o de amargura, ao ver como se desaproveitan os recursos na miña matria galega.

lunes, 12 de abril de 2010

"A Universidade de Santiago de Compostela usa o Castelán nos actos públicos"


Así que nós, os mestres de primaria e de secundaria, facendo folga a prol da defensa da nosa lingua no sistema educativo, mentras que na Universidade se pasan a lexislación polo forro e utilizan preferentemente a lingua castelá nos actos públicos coma o de Licenciatura dos estudantes de Bioloxía, o sábado pasado, celebrado no Auditorium e no que só se dixeron unhas cantas frases en galego, no contexto dun acto celebrado íntegramente en español. Vergoña lle tiña que dar ao reitor, vicerreitor, decano de bioloxía e todos os participantes que, no acto referido, utilizaron a lingua propia da universidade de Valladolid, en detrimento da lingua que por dereito propio debía de ser usada con normalidade nas universidades galegas. Vergoña sentín eu, antiga universitaria desa mesma universidade, nunha altura na que, por certo, parecía haber máis galegofalantes que agora, tanto entre o profesorado coma entre o alumnado. O nivel académico do acto, por outro lado, pareceume máis propio do Luar ca dun acto dunha das máis antigas universidades de España, por non dicir que me parece penoso incorporar á nosa universidade, de tradición suficientemente sólida e méritos abondos, a costume de celebrar actos de licenciatura ao estilo americano. Moitas películas americanas deben ver as actuais autoridades académicas.

Penoso.

O bo: ver que a miña sobriña completou os estudos de Bioloxía e que José Afonso ten unha placa adicada á súa "Grándola, Vila Morena" no exterior do Auditorium de Galicia.