viernes, 26 de junio de 2009

"Morte de Rei"


Parafraseando o marabilloso libro de Darío Xohán Cabana, quero hoxe comezar o día adicándolle esta lembranza ao meu grande ídolo de xuventude, ao que me facía emocionar cada vez que o podía ver pola tele (daquela non había dvds) e con cuxas cancións aprendín inglés dende moi cedo. Morreu Michael Jackson, o Rei do pop, e iso lémbranos a todos que somos mortais, que ninguén se salva da negra morte que nos iguala. Parecía invencible, parecía sobrenatural, e velaí o seu feble corazón, que deixou de latexar esta pasada madrugada.
Aparte polémicas, o cantante e bailarín fixo historia en varios campos, incluíndo o feito de ter sido o artista que máis diñeiro leva dado a organizacións humanitarias, financiado máis proxectos de axuda no terceiro mundo e partillado máis o seu diñeiro con quen nada ten. Claro que isto non parece ter importancia algunha para quen sempre tivo como obxectivo desprestixialo a toda costa, inventando rumores ferintes e nomes insultantes, e incluso aproveitándose da súa cercanía para enriquecerse á súa costa acusándoo de pederasta.
A grande sensación de tristeza e baleiro que deixa a súa morte naqueles que o tiñamos entronizado, debe servir tamén para analisar a importancia enorme daquelas persoas que actúan como referentes a algún nivel, as que teñen o don do liderado. Non é en absoluto un feito banal que Michael Jackson tivese a capacidade de convocatoria coa que ningún líder político se atreve a soñar.
Michael Jackson era crente e afirmaba que a súa maneira de cantar e bailar era inspirada directamente por deus. Da mesma maneira, os seus fans, cremos nel coma se dun deus se tratase, e nunca o supuxeramos mortal. Parte das nosas lembranzas de xuventude están íntimamente vencelladas a Jackson; con el vaise tamén definitivamente esa parte da nosa vida, o vencello ao que nos agarrabamos fuxindo do tempo.
Dende esta beira dicímoslle adeus ao derradeiro Peter Pan e ao último gran fenómeno de masas que ficaba neste mundo globalizado.

jueves, 25 de junio de 2009

"Morte dun ourizo"

Estes días centos de ourizos perecen baixo as rodas dos coches no asfalto das estradas e estradiñas galegas. De costumes nocturnas, os ourizo-cachos, saen á procura do seu alimento e atópanse coa morte ao quereren cruzar para o outro lado da estrada. Moita pena me dan!
Lembro estar en Amsterdam e pasear por algunha zona arborada das aforas: ao longo todo das estradas que a cruzan hai redes de escasa altura que para min eran un misterio, ata que alguén me explicou que estaban postas para evitar que os ourizos se adentrasen na estrada e puidesen ser atropelados. Fiquei abraiada por tal revelación ante o grao de sensibilidade que os holandeses amosan por protexer a esta especie.
Estes días visitounos o da fotografía, dándonos a posibilidade de velo de perto: tan de perto que pensei que algo lle debía pasar a un ourizo que se deixa examinar e mesmo tocar sen fuxir, mais pensei que debía ser porque era inmaduro. Os meus fillos marabilláronse ante o animalciño e non querían deixalo só nunca, senón ficar con el, sentados na herba ao seu carón. Fíxenlles entender que os animais son libres e van onde eles deciden e que nós non temos por que molestalos, así que hai que deixalo estar tranquilo e só, coa promesa de volver velo ao día seguinte. Mais foi tarde, porque o atopamos inmóbil e cheo de moscas. A E. berrou de ledicia ao velo, sen comprender que a inmobilidade non se debía a que o ourizo estivese a durmir a sesta. Eu pedinlle silenzo e díxenlle que hoxe o ourizo estaba durmiñón e que nono podiamos molestar...
Logo saín cunha pa e arredeino dalí. Non é aínda tempo de falar da morte. Nin sequera da dun ourizo cacheiro.

martes, 16 de junio de 2009

"Carta dun pai ao Conselleiro de Educación"

Carta duns pais ao conselleiro de Educación
Uns pais rexeitan participar na enquisa da Consellería de Educación por considerala fóra de lugar nun pais democrático. Para estes cidadáns vincular unha decisión á consulta que vai desenvolver o departamento de Jesús Vázquez "creará un grave precedente posto que tería que atender á demanda de seren consultados de calquera colectivo ou grupo de presión sobre calquera cousa que se lles antollase"

Xornal.com
A continuación repordúcese o contido integro da carta remitida por Javier María López Rodríguez a Xornal de Galicia.

Señor Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, D. Jesús Vázquez:
Un dos atributos que debe posuír un político é coñecer aquilo sobre o que ten que administrar. Esta consulta a nais é pais sobre a lingua (o de consulta parece o aproximado porque como enquisa carece dos mínimos científicos e metodolóxicos para considerala como tal) expón alarmantes síntomas de ignorancia sobre o sistema educativo, algo especialmente curioso vindo de onde ven. Non existen esas materias troncais das que se fala en Ensino Primario. Dáse por troncal o que non é en Secundaria (por exemplo aparece Tecnoloxía e non Plástica ou Música). Na pregunta encol de cál é a lingua coa que comeza a expresarse un neno na etapa infantil, falta como mínimo un "outras". ¿Sabemos que existe unha cousa chamada inmigración? ¿Que valor terá a resposta duns pais marroquis ou chineses? ¿Será castelán ou galego por defecto? A todo isto, gustaríame unir o anuncio de que se estuda a posibilidade de ofertar portugués na secundaria. ¿Sabe que iso xa existe no actual marco legal, e que, de feito, estase a ofertar como segunda lingua en moitos centros? Permítanos señor Conselleiro que imaxinemos unha consulta análoga onde se preguntase que tipo de intervención quirúrxica sería a elixida para curar un catarro. ¿Que tipo de coñecementos sobre Sanidade amosaría aquel que formulase semellante pregunta?
Outra das atribucións que tamén debe ter un político é a capacidade de coñecer os marcos legais por onde se move a súa laboura. Esta consulta pode ser a base dun quebrantamento de artigos do Estatuto de Autonomía, de principios da actual Constitución Española, e das indicacións da Carta Europea de Linguas que España ten subscrita. Paradoxal sería que fósemos á vangarda do extremismo en canto a reformas lexislativas.
Outro valor do político é saber informar. Esta consulta estase a facer nun ambiente de des-información, manexándose lugares comúns sen ningunha base científica, afirmacións sen consistencia, ou, cando non, simplemente mentiras. Unhas cantas a modo de exemplo. ¿De verdade cremos que hai algún mozo/a na Galicia que non sexa quen de expresarse e de entender o castelán? ¿Ten sentido falar de austeridade cando nos gastamos cartos en realizar esta consulta? ¿Pódese ameazar á xente por querer informar cando a Consellería leva tanto tempo falando de respecto á liberdade de expresión? ¿Como se xestionan os "dereitos lingüísticos" se meu fillo escolle unha opción de só un dos idiomas? ¿Vai ser o procedemento de "como somos maioría os sans, descartemos a eliminación de barreiras para minúsválidos, que ó fin e o cabo son unha parte mínima do total da poboación, gasto suntuario daquela "? ¿Pode alguén defender o bilingüismo negando a opción de ser competente nun dos idiomas?
Virtude esencial do político, desde tempos socráticos, é saber escoitar. Non podemos valorar esta consulta desde a audición asimétrica de vostede. Escoitou a pouco máis de dúas mil persoas o pasado 8 de febreiro, unha boa parte delas vidas de fóra de Galicia. Pero non quixo escoitar as máis de corenta mil galegas o pasado 17 de maio. Non é bon utilizar eventos puntuais deste tipo para tomar decisións, pero se a base para este o seu proceder é seguir o acontecido o pasado febreiro ¿que debería facer se escoitase o acontecido en maio? ¿Eliminar o castelán? Como gobernante ten que evitar maximalismos e extremismos. Non se está a escoitar non só a moita xente a título individual, se non a institucións de diversa índole e signo, ANPAS, colectivos de científicos, agrupamentos sociais, colexios profesionais, asociacións culturais, sindicatos, forzas sociais de diversas índole, asociacións de escolas privadas, universidades, persoeiros de recoñecido prestixio... ¿Cre vostede que Rafael Cuíña ou Avelino Pousa Antelo son "radicais batasunizados"? (Estimamos que saberá quen son). Non se pode facer as cousas para dividir unha sociedade.
Non imos participar nesta pseudo-enquisa. Non polas razóns antepostas, que para moitos poderían ser máis que abondo para non facelo, se non por unha moi simple:
Se vostede vincula calquera decisión a esta consulta creará un grave precedente posto que tería que atender á demanda de seren consultados de calquera colectivo ou grupo de presión sobre calquera cousa que se lles antollase. No eido educativo estaría na obriga de consultar unha morea de cuestións, porque todas poden ser moi transcendentes: qué contidos queremos (haberá quen demande creacionismo en clase de ciencias porque Darwin atenta contra os seus valores), qué disciplinas queremos que se impartan, qué horarios, sobre o financiamento de centros privados e públicos, sobre o ensino ou non da relixión nunha sociedade como a nosa... Ademais, todo isto está a supor unha falta de respecto absoluta cós profesionais do ensino, docentes, mestres, profesores, orientadores, equipos psico-pedagóxicos, etc. que traballan no día a día das aulas. Extrapole vostede a outros ámbitos e o resultado podería ser ridículo: ¿imaxina vostede a Sanidade preguntando se é útil gastar tantos cartos en enfermidades que afectan relativamente a pouco número de persoas? Esta consulta nos sona a algo semellante. Estamos confundindo democracia con populismo. Lembre que a demagoxia tende a minar a calidade de calquera sistema de liberdades.
Por tanto, e desde o maior do respectos que lle debo como cargo que é do goberno do meu país elixido democraticamente, permita que lle deamos uns consellos relacionados có que arriba lle expuxemos: informe, infórmese encol do sistema educativo que ten que administrar, escoite e estude lexislación. Para aprenderes a escoitar, recomendamos un exercicio simple: vaia a calquera dos parques das cidades da nosa Galicia. Tome nota dos meniños/as que se expresan en galego e dos que se expresan en castelán. Logo comprobe cal é a competencia en galego dos que usan o castelán, e viceversa. Seguro que será a mellor das enquisas para saber cal é o futuro que lle agarda a cada un dos idiomas se teimamos en seguir por camiños irreais. Cremos que é de bo político reflexionar, pensar e rectificar. Abandone os biosbardos das consultas.
Reciba un moi cordial saúdo dunha nai e un pai bilingües que aman ós seus fillos e o seu país, incluíndo nel ós que falan calquera lingua que teñan a capacidade de ter coñecido.
>>Javier María López Rodríguez

viernes, 12 de junio de 2009

"Feijoó intenta coaccionar á comunidade educativa, coartándolle a liberdade de expresión!"




Con este e-mail se dirixiu a Consellaría de Educación de Ordenación Universitaria aos directores e directoras dos centros de ensino galegos. Sabedores de que unha medida que impida a liberdade de expresión é contraria á Constitución, a consellaría opta por un formato sen validez legal algunha, cal é o correo electrónico, coa única finalidade de nos amedrentar.
Feijoó leva camiño de se converter no presidente máis indigno que tivo que soportar este pobo, que xa ten o seu mérito. Que non nos quedará por ver?


Estimado/a Director/a,
Achégolle o modelo de xustificante de recibo en relación coa enquisa ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia.
Aproveito para lembrarlle que a Dirección do centro é a responsable do normal desenvolvemento do proceso de realización da consulta e en consecuencia deberá prohibir todas as accións ou actos, tanto a favor como en contra do mesmo, mantendo informada en todo momento á Inspección Educativa.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


jueves, 11 de junio de 2009

"As linguas suman; a indigninade de Feijoó provoca rexeitamento na comunicade educativa"




As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:
1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.
2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.
3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta "en galego" ou "todo en galego". Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego -o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.
CIG · CCOO · CSI-CSIF · FETE-UGT · STEG · CAE · ASPG · Nova Escola Galega ·
Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia · Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra · Coordinadora Galega de Equipos de
Normalización e Dinamización Lingüística · A Mesa pola Normalización Lingüística

miércoles, 10 de junio de 2009

"O Nautile ao rescate das caixas negras da Air France"


A330 : Intervention des moyens de l’Ifremer
L'Ifremer a été saisi par Jean-Louis Borloo, ministre d'État, ministre de l'Écologie, de l'Énergie, du Développement durable et de l'Aménagement du territoire, afin de renforcer les moyens mobilisés dans la recherche de l’Airbus A330 disparu lundi 1er juin dans l'océan Atlantique. L'ensemble des opérations est coordonné par l'État-major des armées.
La première phase des opérations effectuées par l'Ifremer, consiste à localiser les boîtes noires de l'Airbus A330. Celles-ci émettent pendant 30 jours à la fréquence de 37,5 kHz avec une portée de 1500 m.D'après les premières estimations, il semble que les boîtes noires reposeraient par plus de 3000 mètres de fond, elles seraient donc indétectables depuis la surface.L'Ifremer et Genavir (armateur gérant des navires de l’Ifremer) possèdent et opèrent un système d'écoute immergeable qui pourrait détecter les signaux émis par les boîtes noires de l'A330. Le système ne peut être déployé qu'à partir d'un navire équipé d'un câble électro-porteur de 6000 mètres et d'un système de réception approprié. Le navire océanographique Pourquoi pas ? remplit ces deux conditions.
Equipé du sous-marin habité Nautile et du robot téléopéré Victor 6000, le Pourquoi pas ? était aux Açores pour débuter une mission scientifique Bathyluck (campagne INSU/CNRS).En coordination avec les autres moyens déployés sur zone, le navire a appareillé hier pour rejoindre la zone concernée d'ici une dizaine de jours.
La deuxième phase concernera l'intervention du sous-marin Nautile dans la récupération des boîtes noires. En effet, pour ce type d’opération, le Nautile, capable d’intervenir jusqu’à 6000 mètres, est l’engin le plus approprié, notamment puisqu’il permet une vision latérale humaine et qu’il est équipé d’un sonar de proximité capable de détecter des signaux jusqu’à 200 mètres sur les côtés.
O instituto propietario do submarino Nautile, o mesmo que traballou nos traballos de selado das fendas do casco do Prestige e na verificación do nivel de petróleo que aínda conservaba dentro, informa na súa web de que o Nautile, transportado dende as Açores, xunto ao robot Víctor 6000, serán os encargados de recuperar as caixas negras do Airbus sinistrado a semana pasada, que poderían estar a uns 3000 metros de profundidade nunha zona submarina do atlántico coñecida como os "Andes submariños". O Nautile ten capacidade para descender a unha profundidade de 6000 metros. Agardemos que teña éxito, de maneira que as causas do accidente do avión non se volvan repetir noutro accidente.

viernes, 5 de junio de 2009

"O Atlantis transportado por un Boeing 747"


O transbordador espacial Atlantis acaba de voltar da última misión de servizo que se lle fixo ao telescopio espacial Hubble. Tivo que aterrar dous días despois da data prevista por mor do mal tempo e aterrou na base militar Edwards Air Force, en California. Para voltar á súa base, en Florida, tivo que ser transportado nun boeing 747, especialmente modificado para o transporte dos transbordadores. Como o Atlantis pesa 70 toneladas, a autonomía de voo non chega a 2000kms, así que o boeing tivo que facer varias paradas de repostaxe.
É incríbel o que o ser humano é quen de facer: o Transbordador estivo orbitando a uns 6000 kms de altura, entrementras reparaba o Hubble, que será substituído polo novísimo James Webb Telescope. Porén, o transbordador non é quen de despegar por si mesmo nin de voar por si mesmo dende California a Florida. Que curioso.

O transbordador espacial Atlantis acaba de voltar da última misión de servizo que se lle fixo ao telescopio espacial Hubble. Tivo que aterrar dous días despois da data prevista por mor do mal tempo e aterrou na base militar Edwards Air Force, en California. Para voltar á súa base, en Florida, tivo que ser transportado nun boeing 747, especialmente modificado para o transporte dos transbordadores. Como o Atlantis pesa 70 toneladas, a autonomía de voo non chega a 2000kms, así que o boeing tivo que facer varias paradas de repostaxe.É incríbel o que o ser humano é quen de facer: o Transbordador estivo orbitando a uns 6000 kms de altura, entrementras reparaba o Hubble, que será substituído polo novísimo James Webb Telescope. Porén, o transbordador non é quen de despegar por si mesmo nin de voar por si mesmo dende California a Florida. Que curioso!

miércoles, 3 de junio de 2009

"Serapias parviflora" (xénero orchidaceae)

Preséntovos esta herba, totalmente nova para min até que chegou esta miña primavera portuguesa, na que agromou por todas partes a meu arredor. Moito me chamou a atención, e estudeina detidamente, desenterrando os seus pequenos bulbos para plantalos no meu xardín por ver se era capaz de reproducila alí. Hoxe atopeina na Rede por fin!
Polo visto é moi común, tamén nos campos galegos, mais eu pola miña zona nunca a vin. Será que non atura o nivel de herbicidas e pesticidas que os meus compatriotas adoitan empregar.

Galego: crista de galo, crista de gato, estrangurria.

Castelán: gallos, serapia, flor de abeja, orquídea.

Portugués: Erva-língua.

Clase: Liliopsida.

Subclase: Liliidae.

Orden: Orchidales.

Familia :Orchidaceae.

Xénero :Serapias.

Especie :Lingua.

"A cortesía lingüística de Feijoó"

A cortesía lingüística do sr. Feijoó non ten límites: disque quer introducir o portugués como lingua estranxeira no sistema educativo galego. A lingua de Pessoa, e a de Saramago, coexistindo co Inglés e co Francés como lingua estranxeira, ao tempo que o galego é marxinado -aínda máis- do ensino... non, non, nono debín ler ben no xornal!
Será que Feijoó é lusista e en realidade o que quer é mudar unha pola outra?