Un tras doutro, disciplinadamente, os membros da secta procedían a tomar asento arredor da grande mesa rectangular que presidía a sala. Colocaron os seus papeis, as súas notas e apuntes xusto enfronte, dispostos a pór por escrito todos os novos conceptos, para así aprendelos mellor. O líder comezou a súa intervención pregándolles aos asistentes que sacasen a orde do día para aterse ao alí pre-estabelecido; mecánicamente, todos e todas se aseguraron de ter ben á vista o papel.martes, 26 de mayo de 2009
"A Secta Pedagóxica"
Un tras doutro, disciplinadamente, os membros da secta procedían a tomar asento arredor da grande mesa rectangular que presidía a sala. Colocaron os seus papeis, as súas notas e apuntes xusto enfronte, dispostos a pór por escrito todos os novos conceptos, para así aprendelos mellor. O líder comezou a súa intervención pregándolles aos asistentes que sacasen a orde do día para aterse ao alí pre-estabelecido; mecánicamente, todos e todas se aseguraron de ter ben á vista o papel.lunes, 25 de mayo de 2009
domingo, 24 de mayo de 2009
"A violencia no ser humano como herdanza xenética e a relación entre altos niveis de natalidade e sociedades violentas"
Interesante discusión sobre a natureza xenética da violencia do ser humano. Os intervintes son Malcolm Potts e Thomas Hayden e o acto celebrouse en San Francisco recentemente, co gallo da presentación do seu libro "Sex and War". Para quen non entenda inglés, os puntos que os autores van tratando na súa intervención son os seguintes:
- a historia violenta da Humanidade fainos básicamente descendentes daqueles que foron gañando as guerras ao longo dos tempos: os indivíduos máis violentos, os que cometeron máis crimes, máis asasinatos, máis xenocidios, máis violacións, etc. A nosa herdanza xenética consta dunha parte importante dos xenes destes indivíduos.
- a evolución da guerra: dende as guerras corpo a corpo ata as guerras dos nosos días.
- a herdanza xenética compartida cos chimpancés: como os chimpancés levan a cabo conductas extremadamente violentas e agresivas cos membros doutros grupos, supostamente co obxectivo de aumentar o territorio e os recursos dispoñíbeis.
- a pertenza ao grupo como elemento cohesionador e a "deshumanización" dos "outros", dos que non pertencen ao grupo, enimigos potenciais.
- o elemento do libre acceso ás armas como elemento determinante dun maior grao de violencia.
- a violencia como unha característica principalmente dos machos-homes. A testosterona como arma de destrucción masiva.
- A violencia vista polos nenos.
- relación entre violencia e rangos de idade.
-O control da natalidade e planificación familiar como medio para acadar sociedades máis pacíficas: proveer ás persoas da información e dos recursos de planificación familiar fará que o número de fillos por parella baixe, especialmente nos países máis pobres e violentos ( nos que non escollen o número de fillos que queren ter)e consecuentemente haberá menos presión sobre os recursos dispoñíbeis, maior participación social das mulleres, xa adicarán menos tempo á crianza e máis a outros aspectos. Como é sabido, a aportación das mulleres á sociedade é sempre en favor da paz. Unha vez máis, fálase da testosterona como a arma de destrucción masiva.
- planificación familiar en Irán: un caso peculiar onde se conseguiu reducir drásticamente o número de fillos por familia, xa que o ayatolah Jomeini permitiu unha política moi eficaz de planificación familiar dende os inicios do seu goberno. O Corán contempla a posibilidade da planificación familiar, en oposición á Biblia. Irán como un dos países que a medio prazo será máis pacífico, a pesares de estar desenrolando a bomba atómica.
- O deporte com forma de sublimar o comportamento agresivo.
(engadirei o resto en canto remate de visualizalo)
jueves, 21 de mayo de 2009
"Noitebra"
Noitebra, avenoiteira cincenta, denoiteira, noitébrega, noitevuá, noiteboa cincenta, dormitona e páxaro cabra son algúns dos nomes que recibe este paxaro tan curioso, habitante dos montes e dos campos de labradío galegos. En castelán chámase "chotacabras gris", e é seguro que ese é o nome que vos resultará familiar, xa que por desgraza os únicos nomes de paxaros que coñecemos son en castelán, descoñecendo a súa correspondenza na nosa propia lingua. Ao fío deste argumento é que traio aquí este artigo, co ánimo de reflexionar sobre a pobreza de coñecementos que temos sobre o que nos rodea, sexan aves, árbores, plantas, etc. Aquí é onde as áreas de Coñecemento do Medio ( as Sociais e as Naturais de toda a vida) e de Lingua se dan a man máis claramente e este é un camiño marabilloso para aprender non somentes os "feitos" científicos senón tamén os seus nomes nas linguas que nos son propias. viernes, 15 de mayo de 2009
"Caricatura da caricatura"
Agardo que Siro, o ilustrador, non se sinta molesto pola miña "interpretación" da súa caricatura de Ramón Piñeiro. Hoxe os nenos e nenas que teñen a sorte ou a desgraza de me sufrir como mestra, tiveron a oportunidade de interpretar a caricatura que Siro fixo no seu momento de Piñeiro. Pola miña banda, e para demostrarlles que non era tan difícil como lles parecía, tamén exercín de caricaturista amateur. Non quedou mal, non? As deles están moito mellor, mais as deles non volas podo amosar, que non me deron permiso."Dous anos de felicidade"

jueves, 14 de mayo de 2009
" A nova lei do aborto é progresista?"
Pregúntome que idea de progresismo ten quen pensa que pór ás mozas de dezaseis anos en mans das clínicas abortistas e dos carniceiros que as habitan é unha medida de apoio ás mulleres e á súa liberdade para decidir. Imaxino que é a mesma que inspira a quen redacta os textos informativos de "información afectivo-sexual" dos centros "Quérote" (http://www.querote.org/), que creou o Bloque na lexislatura anterior. O que non agardaba de maneira ningunha é que o Bloque acabase por lles proporcionar aos xoves formación e información afectiva... co pouco afectivos que son algúns dos seus dirixentes! (é broma). O certo é que ler a información que ofrece a súa páxina e algúns dos folletos que reparten, prodúceme arrepíos. Unha cousa é proporcionar información sobre anticoncepción e outra é facer proselitismo de tal ou cual opción sexual.martes, 12 de mayo de 2009
"Gnomónica e reloxos de sol"
Onte procuraba información sobre como construír un reloxo de sol dunha maneira sinxela, e é que os meus alumnos e eu estamos traballando o tema do tempo cronolóxico. Boa falta me fai tratar este tema dende un punto de vista máis "científico" e menos dramático, xa que o paso do tempo deuse en converter no meu grande problema: inexplicablemente, a miña percepción do tempo mudou dende que cumprín os trinta e teño, cada vez con maior frecuencia, a sensación de que o tempo foxe de min. Agora din en contalo polas fases da lúa e non hai día que non me asegure de que, efectivamente, a lúa mingua e medra conforme a como o ven facendo nos últimos milenios, proba irrefutábel de que o problema non é cósmico senón máis ben persoal.viernes, 1 de mayo de 2009
"As Burras de Xanceda"

http://www.facebook.com/ext/share.php?sid=34588724994&h=DwBWJ&u=j5om7&ref=mf
Atopei este vídeo colgado na web da Casa Grande de Xanceda (http://www.yogurecologico.blogspot.com/), que é a granxa na que se fan os iogurtes que consumimos na casa, e pareceume interesantísimo que nesa granxa, para defender o rabaño de vacas dos ataques dos lobos que periódicamente viñan sufrindo, introducisen dous burros, que, grazas ao seu instinto defensivo, espantan aos lobos a couces e rebuznos, ao tempo que alertan aos mastíns para que ataquen aos lobos. Iniciativas destas, imaxinativas mais baseadas en experiencias que levan a cabo noutros países, son as que cómpre introducir en casos coma este. Non todo ha ser mirar á Administración e exixirlle compensacións. Os lobos teñen que ter o seu espazo nos montes galegos, sen ser incompatíbel coa pervivencia das explotacións agrarias.
Lembro ter lido algúns textos sobre a recuperación do lobo nos Estados Unidos e a introducción de animais de "garda" de rabaños, distintos do can coma o burro ou a llama é algo que tamén se fixo alí. Igualmente, as granxas de producción laneira e/ou leiteira localizadas en territorios nos que se trataba de recuperar as poboacións de lobos, obtiñan unha certificación oficial que facía que os seus produtos acadasen un prezo maior no mercado. As campañas ecoloxistas de apoio tanto á recuperación do lobo como á pervivencia da actividade gandeira, tiñan como consecuencia que os consumidores apreciasen estes produtos procedentes destas granxas, estando dispostos a pagar máis. Un éxito do que aquí había que tomar nota.
