jueves, 30 de octubre de 2008

Artigo de Alfonso Barata sobre o trato que o Reino Unido lles dá ós refuxiados políticos.

Is This A Free World?
July 21st, 2008
By Alfonso Barata

Nerve
Liverpool stories of the invisible ones
It is a wet and windy late summer afternoon of 2007 and I find myself sitting in a living room, waiting for the man who over the next months is going to show me through the ugly face of the asylum system in Britain, one that is far from the blatant lies told by the tabloids.
I don’t know it yet but soon I will find out that this man, let’s call him Maxi, was a quite important and respected person in his country. But here and now, this seems a distant past; all he has left now is his dignity, for this man is destitute.
In the Home Office’s jargon, Maxi is a ‘failed asylum seeker’; this means that his claim for asylum has been refused and the meagre support that he receives from the government has been withdrawn (no free mobiles or other perks as the urban myth goes). Maxi is in this country on borrowed time, frantically trying to gather fresh evidence that may help him convince the government that his life is in danger if he is sent back to his country.
The trouble is, unable to work and without a place to stay, he relies on friends and other kind souls to get some kind of support.
So it comes as a surprise when this man enters the room smiling, almost beaming and says: ‘I’ve just found my first job in England’, which in itself is an interesting comment since he’s not allowed to work. Without any apparent resentment, he then tells me how he feels he needs to break the law, no matter how dangerous this is for his case, as he has no other option left.
He just wants to earn some money to be able to do some things that most of us take for granted; simple and mundane acts such as topping up a much needed mobile phone to stay in touch with loved ones and friends and perhaps, if things go well, buy a camera in Argos because he sent the one he had to his son back home (who doesn’t know dad is seeking asylum in a far away country).
I ask about food; that is provided by a soup kitchen in the city centre and a weekly parcel from a local charity that supports asylum seekers.
It is not difficult to see why someone in his circumstances would not resist the temptation of resorting to casual work, the only source of income possible, despite the fact that the jobs available are often appallingly and predictably underpaid, under conditions few people would ever dream of tolerating in 21st century Britain.
Maxi’s ‘first job’ consists in delivering leaflets around Liverpool for a fast food shop, the kind of unsolicited and annoying promotional stuff all of us often find in the box mail.
For £20 a day, Maxi has to deliver one thousand leaflets, a hard task, especially for someone whose health is still suffering from the injuries sustained back in his country, courtesy of the political enemies who did not share his views.
However, and against the odds, Maxi stoically manages to deliver them, if only to prove to this country that he is an honest man who feels betrayed by a system that refuses to believe his claims.
I can clearly see this when – in an unexpected confession after a hard day’s work, he openly talks about his life – which he describes as a “dog’s life”, confined to an underground existence, far from the hectic and respected professional life he once enjoyed.
In Britain, he has been reduced to nothing; an outcast, an asylum seeker, but one whose chances have been squashed; a man strangled by a present, terrified by a bleak and uncertain future.
Over the months spent with whom by now is considered a friend, I met other people in similar circumstances, people from a range of countries and backgrounds. People from Iran, Russia, Cameroon, Poland, some of them even stateless, people fighting for survival in hostile conditions, all of them roaming the streets of Liverpool, trying to fill their time as best as they can.
These are people who are in public libraries, in benches in a park or working if they can, sleeping in someone else’s spare rooms, unable to take their destiny in their own hands, trapped in a vicious circle, a limbo of unbearable uncertainty, waiting for a final decision, perhaps a deportation order – or who knows? – the dreamed leave to remain.
In a poignant moment in Ken Loach’s latest film, a character who earns a living by exploiting desperate migrants tries to justify her actions by claiming that we live in a free world and nobody forces them to work for her.
A free world it may be for some, but it is clear that this is not true for everyone, as Maxi knows all too well.
Find out more:www.stillhuman.org.uk (Campaign to end the destitution of refused asylum seekers)www.strangersintocitizens.org.uk (Call for a pathway to legal status for long-term migrants)

"A morte dános medo"

Se un descoñecido che regala un crisantemo, desconfía: igual estás morto e nono sabes, como lle pasa ós protagonistas da película de Alejandro Amenábar, Los Otros, baseada no libro "The Turn of the Screw", de Henry James.
Sexa como for, e se estás vivo mellor para ti, o crisantemo asóciase inevitablemente á morte e é unha das flores que forman parte dos arranxos florais para honrar ós que se van.
Non entendo moi ben aínda como é que téndolle tanto medo e rexeitamento á morte somos quen de sublimala nunha celebración anual coma a que está por vir o vindeiro venres, 1 de novembro. Imaxino que se trata da única maneira posible de convivir con esta certeza que temos de sermos mortais. As flores, dicía a miña nai, son das cousas máis belas que proporciona a natureza. As caveiras, o proceso de putrefacción dos corpos, as tumbas, os cadaleitos, etc. son das cousas máis repugnantes, polo menos nesta cultura nósa actual. Conxugar as dúas cousas é un acto tal de capacidade para integrar o medo á morte na nosa vida que dá que pensar.
Un amigo meu di que cando morremos "imos a outro lado", e eu á miña filla, cando preguntou pola Ruli (a nosa cadeliña, que morreu) díxenlle que se fora para a súa casa. Todo por fuxir da puñeteira realidade, que nos dá nos fuciños cada vez que perdemos a un ser querido. A realidade é dura demais para asumila tal cal é .
Por iso estes días atópome con certas dificultades á hora de enfocar o traballo que teño que realizar na aula cos meus alumnos sobre o dichoso Samaín-Halloween-Día de Todos os Santos. OS meus alumnos son pequenos e precisan dunha explicación sobre este tema. E eu a dárlle voltas.
Se se vos ocorre algo...
Por certo, a miña nai tamén dicía que, xunto cas flores, a música era a cousa máis fermosa que existe. Flores e música: unha bela combinación.

martes, 28 de octubre de 2008

"Encontro"

Mañá de domingo: 10 a.m. dun frío día do inverno porteño. Chegamos con tempo ao solitario bar do centro e sentamos arredor dunha das mesas do fondo. Pedimos café e agardamos en silencio ata que nolo serviron. Mirei o reloxo e vin, con nervosismo, que se aproximaba a hora prevista para o encontro. Comecei a ollar furtivamente as dúas entradas do bar. Non falabamos moito mentras agardabamos: só comentamos a importancia da persoa que estaba por chegar. O meu nervosismo ía en aumento.
Chegou á hora marcada, típico da disciplina do seu carácter. Sorriu amplamente ao dirixirse a min e bicarme na meixela.Saudou ós compañeiros e sentouse. Impresionoume a súa complexión física e o seu aspecto xuvenil, anque eu sabía que pasaba dos cincuenta. A súa mirada, moi penetrante, pareceume fría, e esa sensación de friaxe acentuábase aínda máis polo bigote, que agachaba calquer posible movemento involuntario dos beizos. Falaba pausadamente e escoitou moi antento mentras me miraba fixamente.
Falamos das inminentes eleccións presidenciais; fiquei confusa ao coñecer a súa postura, unha vez máis, fiel ás súas ideas peronistas. Parecía optimista e falou con ilusión da alternativa política que estaba artellando xunto a outros históricos do movemento. Ao percibir a miña estraneza pola súa postura política comentou que os europeos non entendemos as políticas latinoamericanas, tan mediatizados como estamos pola nosa visión dende o vello continente.
Falei da situación económica e social do Estado e da Galiza; escoitoume con moito interese.
Pronosticou unha crise económica e social que faría que Europa tremese dende os seus cimentos. Eu tremín ao ver o seu convencemento sobre o que dicía.
Rematou a entrevista non sen antes intercambiar convites para outros encontros. Despedímonos cálidamente con bicos e unha aperta.
Nono volvín ver.

domingo, 26 de octubre de 2008

"Hoxe vimos flores da merenda"


Hoxe, camiñando polo prado, vimos as primeiras "flores da merenda", como a miña nai lles chamaba. Tamén se chaman "espantapastores" ou "quitamerendas". Os nomes véñenlle a esta fermosísima e delicada flor da época do ano na que sae: o outono. É cando os días comezan a ser cada vez máis curtos xa que anoitece antes. Os pastores nesta época do ano recollen aos seus rabaños antes excusando levar a merenda consigo.

Deume moito gusto atopar esta flor perto da miña casa; é un dos recordos máis antigos que teño: coma un milagre azul violáceo no medio dos pardos e amarronados do outono.

Se as vedes nonas pisedes, que son moi delicadas e estráganse con moita facilidade. Nonas confundades cas flores de azafrán, que, anque se parecen moito, nada teñen que ver unha ca outra.

"Yo pisaré las calles nuevamente..."

miércoles, 22 de octubre de 2008

“O PRANTO PURIFICADOR”



Estaba a ver na segunda cadea un filme titulado “Las Torutugas también vuelan”, descoñecida de todo para min, mais o argumento é de sobra coñecido: Estados Unidos e os seus aliados ocupan o Iraque de Sadam Hussein, arrasando ao tempo coa poboación civil e provocando inxustizas que xa nunca máis poderán ser reparadas. Nenos e nenas, vellos e vellas, pobres que xa o eran antes da triunfal entrada Ianqui en Bagdag, todos vítimas da barbarie e do integrismo occidentais.
Tan sensible son a este tema da guerra, do exterminio do indefenso, do pobre, que non podo evitar chorar amargamente e disgustarme fondamente neste punto en que, por casualidade, puxen a tele para me entreter. O certo é que ben podería apagar o aparello e marchar a durmir con mellores pensamentos, pero comprázome en vequer bágoas por tanto sufrimento; en certa maneira é a forma que teño de purificarme un pouco por dentro, así que ten valor terapéutico. Xa sei que non serve para nada máis aparte diso.

Agora, marcho durmir. Ata mañá.

lunes, 20 de octubre de 2008

"A crise financeira ou como roubar aínda máis"




Ata os meniños pequenos saben que estamos en crise!!! Un neno do meu colexo díxolle ao seu profesor de Educación Física que nono amolase que "estamos en crise". Parece que a crise se converteu en tema habitual de conversa entre a "xente corrente", xa sabedes, o común do populacho. Conseguiron por fin que todos teñamos o convencemento de que estamos en crise, que nos sintamos vulnerábeis, ameazados, e que miremos esperanzados á caste política, que grazas ás súas inxeccións millonarias de diñeiro á banca ha conseguer sacarnos da situación...

En xeral non entendemos de qué vai esta crise. A xente corrente, entre a que me inclúo, non temos formación económica da que botar man para entender en qué consiste o desastre. Ou iso ou é que alguén nos está a enganar...
Aquí en Portugal, como levamos máis de dez anos en crise, como saber onde acaba unha e comeza a outra? um... O que si parece que está a ocorrer é que cada vez máis xente queda sen emprego, que o ambiente nas empresas está enrarecido, que a conflictividade social comeza a ser maior...

Supoño que algo farán os que nos gobernan para evitar que haxa unha explosión social no vello continente, anque sexa enchéndolles os petos ós accionistas dos bancos. É incríbel que agora esteamos a asistir á nacionalización da banca, ou case, nalgúns países europeos e tamén nos Estados Unidos. Quen o ía pensar!!!! U-los teóricos do liberalismos económico salvaxe, militantes moitos dos partidos políticos que nos gobernan? Por que non nos explican de que vai isto?

Estará o sistema económico ferido de morte ou será somentes un reaxuste necesario a estas alturas da historia? Tería razón Marx cando no seu Das Kapital pronosticaba a fin do capitalismo? Segundo el, a loita de castes será a que faga caer o sistema, e aquí o que parece é que algúns foron avariciosos demais, pondo en perigo mesmo o sistema que os fai inmensamente ricos, todo isto alleo totalmente á loita de castes. E é que as castes traballadoras parecen ser as primeiras defensoras dos "plans de rescate" dos bancos e os banqueiros.

Agora polo visto Sarkozy quere "refundar" o capitalismo, e seguro que é capaz... anque hoxe soubemos que un pirata informático estivo usando a súa tarxeta de crédito a traveso da rede e sen que o mandatario se dese conta. Non sei eu, non sei eu.

O caso é que é emocionante ir traballar cada mañá escoitando as novas na radio do coche, coa orella ben atenta por se anuncian a banca rota do estado, o estado de sitio, a fin do capitalismo ou, quen sabe, que Garzón senta no banco dos acusados a Fraga logo de pedir o certificado de defunción e ver que aínda está vivo. Cousas máis raras se teñen visto.

sábado, 18 de octubre de 2008

"TV Portuguesa na Galiza"

"O Cervo"



"En lo referente a los personajes implicados y a sus acciones (lavarse los cabellos, encontrarse con la amada o revolver el agua), debemos decir que también se inscriben en la tradición popular. De todos ellos, sin duda, nos llama poderosamente la atención el ciervo (...).La aparición tan frecuente de este personaje simbólico en sus ( os de Pedro Meogo) poemas lo ha convertido, como ya hemos dicho, en su "sello de autor", en su rasgo distintivo dentro de la escuela galaico-portuguesa.
Para Morales Blouin, el ciervo es uno de los arquetipos más antiguos porque "responde a las dos necesidades más inmediatas del ser primitivo: el sustento y la reproducción". El ciervo aparece como animal de culto en la cultura celta; la identificación entre ciervo y amante la encontramos también en la Biblia, la lírica árabe, la Eneida, entre otras. De esa diversidad de fuentes es posible que acabara siendo asimilada por la tradición popular, donde lo encontramos con diferentes sentidos y valores (...)."

viernes, 17 de octubre de 2008

"Vide a Cerveira"

Está claro: tedes que vir a Cerveira, e se é un sábado, mellor aínda. Digo o do sábado porque en Cerveira cada sábado temos feira, a máis popular da zona logo da de Valença. Non hai nada semellante dese lado do Río. É tal a cantidade de xente que se xunta que parece Cerveira unha vila moito máis populosa do que realmente é. E, curiosamente, a maioría dos visitantes son galegos!!!
Cerveira é un concello con 15 pobos e uns 5800 habitantes. No pobo de Campos sitúanse os dous polígonos industriais do Concello, que están a albergar a cada vez máis empresas galegas que fuxen da escaseza de solo industrial na terra e dos atrancos administrativos para se poderen instalar.
Polo nordeste, Cerveira ten a Valença do Minho, cidade especialmente protexida polo valor do seu patrimonio arquitectónico e que é a sé dun coñecidísimo e florescente comercio de téxteis que atrae cidadáns de todas partes da Europa. Ao leste está Paredes de Coura, corazón do Alto Miño e sé dun importante festival de música rock alternativa, tanto nacional como internacional. Ao sureste ten a Ponte de Lima, que toma o seu nome do noso río Limia, que discorre a traveso desta fermosísima vila antes de ir morrer ao Atlántico e que se negaron a cruzar as tropas de Décimo Junio Bruto por identificalo co río Lethes, o "río do esquecemento"; ao suroeste ten á fortificada e moi coñecida Caminha, comunicada por ferry coa Guarda. E, ao noroeste, estades vós, os galegos.
O ponto máis elevado de cerveira está en Loivo, no Alto de S. Paio, con 638 metros. O de San Paio é un monte pelado, esgrevio e impoñente, que lle serve de fondo á máis fermosa das paisaxes que teño eu visto: a desembocadura do Río Miño.
Por certo, na soidade dos montes de San Paio atópase o Convento de S. Paio, restaurado por José Rodrígues, escultor que é un referente nacional da arte da escultura en Portugal. O Convento é a día de hoxe unha nutrida galería de arte que inclui pezas de escultura e pintura do mestre portugués; os arredores axardinados están poboados por esculturas que se integran no medio coma se de elementos naturais se tratase, e é que os materiais que o mestre utiliza están tomados da natureza directamente.
José Rodrígues é un dos fundadores e mecenas da Bienal Internacional de Arte de Cerveira, que conta con instalacións permanentes na vila e que leva uns trinta anos celebrándose, cun nivel de calidade artística en todos os campos que o converte nun dos máis importantes do país.
A celebración da Bienal desde fai tantos anos, é unha das cousas polas que Cerveira é chamada "vila das Artes". E é que Cerveira foi fundada por un rei portugués, que cultivou o xénero literario máis antigo da literatura galego-portuguesa, as cantigas, e cuxas composicións son estudadas cada ano nos institutos polos estudantes galegos ( "Levantou-s´a velida,/levantou-s´alva./e vai lavar camisas/e-no alto./Vai-las lavar alva...")
A fortaleza do rei é hoxe unha das "pousadas" da rede de paradores do país, a Pousada Dom Dinís. Neste mesmo pobo tamén se celebra a "Dancerveira", o Festival Internacional de Danza.
Pero é que Cerveira tamén ten unha escola universitaria, a "Gallaecia", unha sé da universidade para persoas maiores, un museo sobre o río Miño, o "Aquamuseo", un porto deportivo, unha piscina cuberta que tamén dá servizo a usuarios do lado galego, ao ser a única da zona. Tamén ten un auditorio ao aire libre onde a miúdo se ofrecen actuacións de distinto tipo; tamén hai biblioteca e sala de exposicións. Hai mercado cada día e abre as súas portas para vender carne, peixe, froitas e verduras; tamén ten unha tenda ao por maior de productos agrarios cuxos clientes son maioritariamente galegos; un cámping; un par de empresas que ofrecen paseos fluviais en barco.... En fin, que aínda podo seguir!!!
Ademáis diso, Cerveira é unha vila fermosa, tranquila, segura e onde a calidade de vida é moi alta. Os cerveirenses son amábeis e acolledores e proba diso é a cantidade de persoas que escolleron o lugar para vivir permanentemente ou como segunda residencia. A Quinta das Mineirinhas é un exemplo de complexo turístico respectuoso co medio polo ben integrada que está nas montañas de Loivo. Alí, ademáis da posibilidade de poder alugar un apartamento de catro estrelas e disfrutar de todos os servizos que ofrece, incluído o Restaurante A Casa das Velhas (o mellor de Cerveira, sen dúbida), hai quen merca casa e vive permanentemente, atraída polo paradisíaco da paisaxe.
Por todo isto e moito máis, deberiades vir dar unha volta por Vila Nova de Cerveira. Poñede rumbo ao cervo que coroa a montaña e chegaredes sen perda. Igual ata nos vemos!!!

jueves, 16 de octubre de 2008

"Érguete e anda..."


.... como en Irlanda",

pedíalle á Galiza Alfredo Brañas aló polo século XVIII, invocando para os galegos a loita irlandesa pola independencia, para sermos nós tamén libres...

Ven a conto de que as paisaxes o meu pobo se parecen moito ás irlandesas, cos seus suaves outeiros, cobertos de verde e salpicados de casas e árbores aquí e acolá.

Especialmente despois de terse feito a concentración parcelaria, que tanto o transformou todo, incluídas ás persoas, a súa maneira de vida e mesmo a súa forma de pensar, o lugar no que eu pasei toda a miña infancia converteuse nunha potencia produtora de produtos agrarios, nomeadamente de leite. A concentración abriulle o paso a novas técnicas produtivas moito máis agresivas, que fixo que desaparecesen mesmo moitas especies de animais. Por desaparecer desapareceron ata as paredes, escondite de pinchorras e lagartixas.

Non sei como estarán as miñas paisaxes agora que xa nonas habito nin as camiño. De seguro terán mudado moito e mesmo xa non gardan ningún parecido con Irlanda.

E é que hoxe teño morriña, iso tan galego... e tan portugués tamén...

viernes, 10 de octubre de 2008

"Saúdos outravolta"


Andaba á procura dalgunha fotografía que representase a idea de "ofrenda" para acompañar algunhas das ideas que tiña en mente para inaugurar esta nova andaina no meu blogue.
Atopei esta imaxe na rede dunha das criacións artísticas dun amigo, que, anque sei que non se corresponde exactamente co que buscaba, cecáis así matamos dous paxaros dun tiro e podo tirar para adiante con esta nova entrada do meu blogue: saudarvos novamente dende esta banda do Río, da que agardo podervos mandar novas cada vez, e saudar ao autor da cerámica en cuestión en caso de que pase por este outeiro algunha vez.
Saúdos dende un soleado pero húmido e frío outeiro.